Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Outras iniciativas/Campañas do STEG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2010-2011
Documento da Comisión Europea contra o racismo e a intolerancia
COMUNICADO SOBRE O 4º INFORME SOBRE ESPAÑA – ECRI

O STEG, que sempre denunciou que con diñeiro público se discrimina ao alumnado en moitos centros privados, congratúlase de que un organismo da Unión Europea como a ECRI recolla esta denuncia no seu último informe.

A Comisión Europea contra o Racismo e a Intolerancia (ECRI) deu a coñecer o 4º Informe referido ao Estado español, adoptado o 7 de decembro de 2010 e publicado o pasado 8 de febreiro.

O devandito informe analiza a situación ata xuño de 2010. A ECRI, aínda recoñecendo que o Estado español investiu recursos humanos e financeiros na loita contra o racismo e a discriminación, sinala nunha exhaustiva relación ben xustificada aqueles feitos relacionados co obxecto do seu estudo que permanecen aínda presentes na nosa sociedade e que deberían ser erradicados mediante accións específicas.

En materia de Educación, a ECRI sinala que “as autoridades deberían revisar os procedementos de admisión para garantir unha distribución uniforme do alumnado español, inmigrante e xitano, e tomar medidas para reducir de xeito significativo a deserción destes últimos”.

Xa no seu terceiro informe, a ECRI alentou ás autoridades españolas a que seguisen esforzándose por asegurar unha distribución máis equitativa dos nenos e das nenas que non son españois ou españolas e doutros nenos e doutras nenas que necesitan apoio educativo especial nas escolas públicas e nos colexios concertados.

Aínda que esta comisión se mostra compracida ao sinalar que “a Lei Orgánica de Educación recolle case palabra por palabra esta recomendación, é claro que a Lei non sempre é eficaz na práctica e que segue habendo unha ampla marxe para a manipulación”. A ECRI afirma que recibiu informes constantes da existencia de escolas "gueto" de nenos e nenas inmigrantes ou de etnia xitana nalgunhas partes do país, e de prácticas discriminatorias no proceso de admisión, que permiten aos colexios concertados seleccionar ao alumnado.

É por iso que a ECRI “recomenda encarecidamente que as autoridades españolas revisen o método de admisión do alumnado en centros públicos e privados concertados e tomen outras medidas que poidan ser necesarias para garantir unha distribución equitativa do alumnado español, inmigrantes e xitanos nos diferentes centros escolares”.

Para o STEG, urxe a corrección desta situación, fundamentalmente por razóns de xustiza social, ao tempo que denuncia o escaso control sobre os concertos cando existen centros que non cumpren co respecto aos dereitos constitucionais nin ao que ordenan as leis educativas.

Secretariado Nacional do STEG
Febreiro de 2011
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal