Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Máis Iniciativas/Campañas
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  OUTRAS INICIATIVAS/CAMPAÑAS DO STEG   
SAÚDE LABORAL
As enfermidades profesionais. Marco lexislativo actual.
Está definida a Enfermidade Profesional no artigo 116.1 da Lei da Seguridade Social (R.D.L. 1/94, de 20 de xuño). A enfermidade profesional aparece como efecto dun axente moi concreto, non manifestamente externo, que soe actuar lenta e progresivamente. Así,unicamente se consideran legalmente enfermidades profesionais unha serie moi restrinxida de enfermidades previstas no cadro do Anexo do R. D. 1995/78,de 12 de maio,no que se fai referencia a un doble listado de actividades e enfermidades. O resto de enfermidades laborais, todas aquelas orixinadas polo traballo pero que non están no listado, non son enfermidades profesionais. Unicamente se pode conseguir que sexan consideradas como accidentes de traballo, tras un proceso xudicial longo e difícil no que se demostre a relación directa entre traballo e enfermidade.
 
Enfermidades profesionais en España.

Mentras que o Estado español se sitúa á cabeza de Europa en canto ó número de accidentes de traballo, a incidencia das enfermidades profesionais é moi baixa.

En 1977, cunha población asalariada de 10,3 millóns de persoas, rexistráronse máis dun millón de accidentes leves con baixa, máis de 10.000 graves e máis de 1.000 mortais; sen embargo somentes se recoñeceron 8.440 casos de enfermidade profesional -destacándose a suba das enfermidades músculo-esqueléticas-, xa que a normativa vixente é totalmente obsoleta: non recoñece o conxunto de enfermidades laborais.

 
Polo recoñecemento das enfermidades profesionais no ensino
O ESTRÉS E A SÍNDROME DO PROFESIONAL QUEIMADO (BURN-OUT)
Nestas docencias inflúen múltiples causas, aínda que basicamente existe unha desproporción entre as demandas de todo tipo que o conxunto da sociedade esixe ós/ás docentes e a falta de recursos materiais, humanos e persoais para facer frente ás mesmas de forma axeitada, eficaz e gratificante.
Os factores que inciden máis claramente son:
  • a notable intensificación de tarefas e ritmos de traballo,
  • a organización e planificación do mesmo,
  • o empeoramento das condicións laborais,
  • a falta de recoñecemento social da tarefa docente,
  • a ausencia de responsabilidade colectiva.

As medidas de prevención serían, entre outras:

  • a dignificación do papel do ensino,
  • a delimitación de responsabilidades,
  • a formación do profesorado sobre a problemática exposta,
  • a información e formación obrigatoria das administracións e empresas sobre a protección á saúde,
  • o desenvolvemento dos servizos de prevención obrigatorios,
  • a participación dos traballadores e das traballadoras na identificación de riscos e plans de prevención,
  • a transformación das condicións laborais:
  • organización de traballo máis flexible e autónomo,
  • diminución das ratios,
  • diminución dos horarios lectivos,
  • adicación de tempo a novas tarefas,
  • introdución de ano/semestre sabático
ENFERMIDADES MÚSCULO-ESQUELÉTICAS
Inciden moi sensiblemente en colectivos como os de educación infantil, especial, profesorado de educación física e persoal de administración e servisios.

As causas radican na ausencia dun deseño ergonómico dos postos de traballo que xenera malas posturas, estar moitas horas de pe e en tensión, a carga de obxectos e persoas sen preparación nin medios axeitados, así como a existencia de barreiras arquitectónicas.

A prevención, formación e rehabilitación dos dores de espalda, pescozo e extremidades esixe un traballo de identificación dos riscos en cada posto de traballo para o deseño ergonómico dos mesmos. Hai que dotar ós centros de recursos materiais e humanos que eviten a sobrecarga muscular e modificar as barreiras arquitectónicas

OS PROBLEMAS DA VOZ
A presenza de patoloxías orgánicas de voz no profesorado triplica as da poboación doutras profesións.

É unha enfermidade profesional que no seu grao máximo afecta a un total de 60.000 docentes en todo o Estado español.

As causas radican no continuado esforzo da voz, na ausencia de equipos de traballo esixidos polo R. D. 1215/1997, no ruído e resto de condicións materiais das aulas.

A prevención e formación da voz non está tampouco planificada desde as administracións públicas e empresas, así como faltan por realizar os estudios necesarios de medición de ruído nos centros actuais e futuros para reubicalos ou protexelos con pantallas de insonorización, así como ó deseño e materiais utilizados.

A posta en marcha do conxunto de mecanismos previstos na Lei de Prevención de Riscos Laborais permitirá a identificación, valoración e prevención destas enfermidades laborais e, no seu caso, doutras que presentan tamén altos índices de incidencia, (enfermidades infecciosas, en vías respiratorias, cardiovasculares, etc).

Desenvolvemento da campaña, unha proposta aberta

As resistencias ao recoñecemento das enfermidades profesionais do sector do ensino son enormes, pero non son menores as persoas e organizacións que están dispostas a dar apoio a esta reivindicación. A nosa obriga é ser capaces, xunto con outras organizacións sindicais e institucións, de vertebrar a resposta adecuada. Puxemos en marcha a campaña: "Mellorar a Saúde Laboral", que pode desenvolverse no seguinte proceso:

1 Sensibilización e compromiso colectivo do profesorado en todos os centros de traballo:
Informar do tratamento que a saúde laboral recebe na nova Lei de Prevención de Riscos Laborais: dano para a saúde e prevención...
Explicar porqué nas listas das enfermidades profesionais actuais, as nosas enfermidades laborais (e as de moitos colectivos) están excluídas.

2 Compromiso persoal do profesorado e implicación do conxunto da sociedade.
Animar ao profesorado a exixir que as enfermidades ocasionadas polo traballo non sexan diagnosticadas como "enfermidade común", se non que planteen o nexo causal entre enfermidade e traballo. Aínda que non se recoñecerán nunca como enfermidades profesionais no actual marco normativo, este permite que as enfermidades laborais non recoñecidas sexan consideradas como accidente de traballo. Se ben hai que saber que esta consideración, a de accidente de traballo, se consegue normalmente tras un proceso xudicial longo no que debe demostrarse o nexo causal directo entre a enfermidade e o traballo.
Estimular o recoñecemento social da tarefa docente e a responsabilidade colectiva de exixir un tratamento digno da nosa saúde laboral. Partidos políticos, autoridades sanitarias e laborais, administracións públicas, asociacións de nais e pais de alumnos, alumnado e medios de comunicación deben implicarse e posicionarse ao respecto.

3 O terceiro paso será o recoñecemento das enfermidades profesionais dos docentes, mediante a adecuación da normativa actual á Lei de Prevención de riscos Laborais: modificación da Lei da Seguranza Social e do R.D.1995/78.Os mecanismos serian:

  • Un procedemento parlamentario a arbitrar, se se estima a proposta como positiva ou, senón:
  • A elaboración dunha proposta de Iniciativa Lexislativa Popular segundo a Lei Orgánica 3/84, de 26 de marzo, coa recollida de 500.000 asinas, a través dunha Comisión Promotora que integre o máximo número de vontades e compromisos.
Se o conseguimos, vai supor un extraordinario avance para o ensino e para o resto da clase traballadora

O logro da reivindicación que nos proferimos vai supor un fenomenal troco social:

1 Mellora das prestacións para os traballadores/as

Efectivamente cando se consegue un diagnóstico de accidente laboral e/ou de enfermidade profesional, as prestacións das que goza o traballador/a respecto ás prestacións cando o diagnóstico é de enfermidade común son diferentes:

  • Asistencia obrigatoria por calquera médico/a.
  • Considerase o traballador de pleno dereito, aínda que non se lle dese de alta.
  • Non hai carencia, período de cotización previa.
  • Os medicamentos e prótese son totalmente gratuítos.
  • Directo a indemnizacións por Lesións Permanentes Non Invalidantes.
  • A base reguladora é mais favorable, se da enfermidade contraída derivase unha invalidez.
  • Se o proceso de curación da enfermidade esixe tratamentos especiais, estes corren a cargo da Mutua de Accidente de Traballo e Enfermidades Profesionais ou de MUFACE (en enfermidade común hai tratamentos que non asume a Seguridade Social e que corren a cargo do/a enfermo/a).

Ademais, no caso de recoñecemento de enfermidade profesional:

  • A posibilidade de período de observación, con unha IT de seis meses, prorrogable por outros seis, cando se estime necesario para o seu estudo e diagnóstico, así como en caso de traslado de posto de traballo.
  • A obriga de practicar recoñecemento médico previo ao ingreso nos postos de traballo con risco profesional. O ritmo de periodicidade dos recoñecementos seguintes depende do tipo de risco, aínda que a norma xeral é o ritmo semestral.
  • Se como consecuencia da enfermidade contraída, o descubrimento de síntomas da enfermidade sen repercusión aínda sobre a capacidade de traballo, ou no caso de recuperación completa pero con posibilidade, probabilidade ou certeza de progreso ou recaída na enfermidade profesional, débese arbitrar o traslado de posto de traballo dentro da mesma empresa a outro exento de risco con conservación do salario do posto antigo -se o novo é inferior- coa única salvidade das remuneracións ligadas directamente á produción que fosen exclusivas do posto de procedencia.

2 Posibilítase intervir en prevención
Ao existir o nexo causal enfermidade/traballo pódese identificar e avaliar os riscos laborais e, polo tanto , planificar as accións lexislativas, inspectoras e preventivas. Con iso énchese de contido a función dos Delegados/as e os Comités de Seguridade e Saúde Laboral. En definitiva a aplicación da Lei de Prevención de Riscos Laborais faise realidade.

3 Mellórase o Sistema Sanitario "Público"Xa que diminúen as actividades asistenciais e rehabilitadoras (redución da lista de espera e mellora da calidade asistencial), porque as enfermidades laborais, como continxencias que xurden no seo dunha relación laboral, deben ser cubridas polo empresario e consecuentemente polas entidades aseguradoras do risco.

As implicacións económicas serian moi importantes.

4 Ampliaríase o recoñecemento de enfermidades profesionais ao conxunto da clase traballadoraTeñamos en conta a IV Enquisa Nacional de Condicións de Traballo, do Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo: aparece con claridade como o 2,5% de traballadores di ter sido diagnosticado ou estar en trámite de diagnóstico dunha enfermidade profesional, pero que hai un 13% que demandou atención médica por un problema de saúde derivado do traballo -de novo, o encubrimento da enfermidade profesional.

Polo tanto , se se rompese o obsoleto e restritivo marco normativo actual coa nosa iniciativa, beneficiaríanse ao conxunto de traballadores e traballadoras do Estado que padecen unha situación similar ao á nosa.

 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal