Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  OPOSICIÓNS   
OPOSICIÓNS 2011
Valoración do STEG

Antes de entrar a analizar a oferta que nos acaba de presentar a Consellería, o primeiro que queremos subliñar é, precisamente, iso: a forma en que se fai pública a OEP. As razóns son as seguintes:

  • primeira, as OOSS, en tanto que representantes legais do profesorado e defensoras dos seus lexítimos intereses, deberiamos coñecer a OEP que vai realizar a Consellería antes de que esta a difunda a través dos medios de comunicación e das filtracións interesadas;
  • segunda, tampouco nos parece razoable que se nos entregue practicamente no momento en que nos imos sentar na mesa a negociala, queremos ter tempo para poder estudala e contrastala coas necesidades reais dos centros e da sociedade, o que reflicte o pouco interese negociador que ten esta Consellería;
  • terceiro, a tardanza en facer pública a OPE é significativa da falta de sensibilidade que esta Administración ten coas persoas que están a opositar.

Por outra banda, o STEG analiza a presente oferta de acordo coas liñas de acción sindical que ten fixadas en materia de emprego público, polo que demandamos:

  • mantemento de todos os postos de traballo -a este respecto queremos insistir en que nin sequera se aplicou a taxa de reposición de xubilacións que a propia Consellería aceptou en sede parlamentaria-, e a estabilidade laboral de todos os cadros de persoal;
  • mantemento da calidade alcanzada en canto a atención ao alumnado, o que significa que non aceptamos as ampliacións de ratios (maior presenza de alumnado nas aulas), a supresión de desdobres e outras medidas que sabemos que a Consellería está a promover: así non se loita contra o fracaso escolar nin pola calidade do ensino.

Así mesmo, o STEG entende que a Consellería ten que velar pola calidade do ensino público, o que non se conseguirá só con investimentos tecnolóxicos –Abalar- ou coas reformas lexislativas; cómpre, en primeiro lugar, realizar un importante investimento en persoal: dotar de máis profesorado aos centros, o que nestes momentos de crise económica, ademais, é unha necesidade de primeira orde. Daquela, dito isto, a respecto da oferta que se nos presenta cómpre salientar que é unha oferta insuficiente. As razóns -e non nos imos estender ma súa exposición-, son:

  • é escasa en primaria, por debaixo do que se puido ter ofertado;
  • é nula noutros corpos -ao que cómpre sinalar que neste proceso transitorio sería a segunda vez que sucede-, como son secundaria, EOIs, conservatorios e FP, nos que se puido facer unha oferta que satisfaga as necesidades reais que xorden nos centros e nas súas contornas sociais.

Dito isto, ao mesmo tempo debemos recoñecer que non aceptaríamos ofertas simbólicas e ridículas en todas as especialidades. Neste sentido, para o STEG esta oferta vai a implicar unha notoria diminución dos cadros de persoal e de precarización do traballo, polo que consideramos que estamos ante un ataque ao ensino público que non é nada casual; ao revés, ten motivacións políticas evidentes, pois coincide co renovado apoio que esta Administración outorga aos centros concertados.

Por estas razóns, demandamos unha oferta de emprego -e demandamos que sexa traída de novo á mesa para ser negociada nun tempo razoable-, pensada con criterios de calidade, quere dicir, unha oferta que teña como obxectivos:

  • a redución das ratios e a posibilidade de crear desdobres en todas as especialidades que así o esixan;
  • a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativas, sexan NEEs, alumnado con altas capacidades intelectuais ou alumnado que se incorpora tardiamente ao noso sistema educativo –normalmente inmigrantes-;
  • a creación de especialidades nas que haxa unha demanda social real…

Neste sentido, queremos denunciar, de novo, o dano que o apoio á concertada está a provocar ao sistema público de ensino galego, que é o único que garante a igualdade de dereitos do alumnado, incluído o dereito a un acceso en igualdade de condicións.

Obviamente, sabemos que esta oferta implica a creación de novos postos de traballo e, xa que logo, a creación de novas prazas de profesorado, pero iso é o que desexamos para mellorar a calidade do sistema público de ensino na Galiza.

Finalmente, non queremos deixar de notar que os datos que nos presentou a Consellería sobre o profesorado interino ocultan a realidade. Explicámonos: é certo que neste momento existe só ese profesorado interino, pero non é menos certo que nas listaxes de substitucións –nalgúns casos sen traballar este curso-, hai moito profesorado interino con moita antigüidade de servizos á Administración. Por esa razón, demandamos da Administración unha mesa de negociación para resolver definitivamente, máxime cando o proceso transitorio está tocando o seu fi n –aínda que se prorrogue momentaneamente, mentres se negocia un novo modelo de acceso-, a estabilidade do profesorado interino.

 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal