Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  CONCURSO DE TRASLADOS   
CONCURSO DE TRASLADOS 10/11
O STEG denuncia que a Administración non cubre preto de 200 xubilacións LOE
A Consellaría non cubre preto de 200 xubilacións LOE no CXT de secundaria

Publicadas o martes 24 de maio as vacantes definitivas do concurso xeral de traslados do corpo de PES, atopámonos con que a Consellaría non saca a concurso 186 vacantes  producidas polas xubilacións LOE.

O feito é moito máis grave se temos en conta que máis dun cento desas vacantes contaban co informe positivo da inspección educativa.

É difícil saber en que criterios se basea a Consellaría para facer este recorte pois, como dicimos, a maioría son vacantes completamente consolidadas e evidentemente imprescindibles para o normal funcionamento dos centros.

Aínda que con menor incidencia cuantitativa, non deixa de chamar a atención a aparición de certas vacantes que non se rexen por ningún criterio: por que no caso das defunción producidas no 2011 unhas saen neste concurso e outras non?

Non entendemos que saia como vacante definitiva a deixada por unha persoa proposta para os EOE antes de ser definitivo o proceso de selección.

Desde o STEG faremos as oportunas reclamacións, comezando na mesa sectorial de mañá xoves, diante da administración, pero ao mesmo tempo animamos a todos os centros a reclamar aquelas vacantes que consideren necesarias para o seu funcionamento.

En función da resposta da administración estudaremos as posibilidade de mobilizacións coas outras organizacións para evitar outro recorte no ensino público.

Documento co número de vacantes por especialidades


Secretariado Nacional do STEG

maio de 2011
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal