Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2010-2011
Demandamos un verdadeiro proxecto de aprendizaxe de linguas estranxeiras para todo o alumnado, independentemente das posibilidades dun centro de sumarse a esta rede

CENTROS PLURILINGÜES

A Consellaría introduce un factor de discriminación no acceso a recursos entre o alumnado duns centros e o doutros. Demandamos un verdadeiro proxecto de aprendizaxe de linguas estranxeiras para todo o alumnado, independentemente das posibilidades dun centro de sumarse a esta rede

Desde o STEG queremos salientar a nosa preocupación polo deficiente coñecemento de linguas estranxeiras no noso país, e polo tanto coincidimos na necesidade de fornecer o sistema educativo de medidas de reforzo de aprendizaxe das mesmas. Ademais, valoramos moi positivamente a noción de  plurilingüismo tal e como é definida pola división de Política Lingüística do Consello de Europa, xa que entre os principais obxectivos do Plurilingüismo están os de manter a riqueza e a diversidade lingüística do continente, propiciar a tolerancia, o respecto mutuo e a comprensión, evitar as situacións de marxinación lingüística e social…obxectivos todos eles ben necesarios no noso pais.


Porén, queremos salientar que desde o STEG temos dúbidas fundamentadas sobre as bondades pedagóxicas deste método de aprendizaxe de linguas estranxeiras, fronte a outros métodos probadamente exitosos aos que non lle atopamos ningún “dano colateral” como os que ten o proposto polo CLIL. Abonda con dicir que a idea na que se basea, a noción de currículum integrado, ten entre os seus obxectivos: Demostrar que a adquisición de contidos non lingüísticos prodúcese con independencia de cal sexa a lingua vehicular empregada

Isto pode ser certo con linguas mutuamente intercomprensibles, como podería ser o caso de moitas linguas romances, pero en absoluto consideramos que sexa así para linguas máis afastadas entre si. Entendemos, xa que logo, que os contidos curriculares resentiranse. Os aspectos positivos que se conseguen para a aprendizaxe da lingua estranxeira son a costa, en moitos casos, da actitude e a aprendizaxe cara a materia a impartir nela. A chamada “alerta intelectual” que salientan os adalides deste método como beneficiosa para a aprendizaxe das linguas ten, como sabemos o profesorado, unha capacidade de mantemento limitada e moitas eivas para grande parte do alumnado.


A maiores destas obxeccións pedagóxicas, rexeitamos o enfoque que desde a Consellaría se pretende dar a esta “rede de centros plurilingües”, xa que introduce un factor de discriminación no acceso a recursos entre o alumnado duns centros e o doutros. Demandamos a esta Consellaría un verdadeiro proxecto de aprendizaxe de linguas estranxeiras para todo o alumnado, independentemente das posibilidades dun centro de sumarse a esta rede. Ademais, toda esta rede de centros está pensada para que o custe á administración sexa o mínimo posible non só por non estar encamiñado ao conxunto da poboación estudantil, senón tamén debido a  que a meirande parte dos recursos económicos destinados á súa creación resultan de seren subtraídos a outros fins, como demostra a última orde de licenzas por estudos ou estadías no estranxeiro.


Desde o STEG, xa que logo, esiximos a administración que presente un verdadeiro programa que non sexa discriminatorio e que asuma as medidas longamente demandadas que melloran a aprendizaxe de linguas. Medidas, todas elas, sobradamente avaladas pola experiencia: desdobre dos agrupamentos, aulas de lingua en todos os centros, profesorado nativo, actividades complementarias….

Secretariado Nacional do STEG
xuño do 2011
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal