Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Máis Iniciativas/Campañas
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2010-2011
Un decreto insuficiente
ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
Un Decreto insuficiente

Dende o STEG pensamos que a atención á diversidade é un tema de grande importancia que inflúe directamente no desenvolvemento do noso labor docente, que é, ademais, un dos grandes avances na lexislación establecidos pola LOXSE; non obstante, malia iso, é un tema difícil de abordar dende os centros educativos, ben por falta dunha formación e información de calidade, ben por falta de recursos persoais e materiais.  

Ao falar de atención á diversidade temos que referirnos ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (ANEAE), que engloba, dende o punto de vista da LOE, ao alumnado con necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade ou trastornos graves de conduta, ao alumnado con altas capacidades intelectuais, ao alumnado de incorporación tardía ao sistema educativo, ao alumnado con dificultades específicas de aprendizaxe e ao alumnado con condicións persoais ou de historia escolar complexa. Este alumnado require de determinados apoios e/ou atencións educativas específicas por un período concreto da súa escolarización ou ao longo de toda ela.

En breve publicarase un novo Decreto de atención á diversidade. Esta nova norma presenta, ao noso parecer, unha óptima exposición de motivos, na que se recolle todo o espírito da LOE en canto á atención á diversidade, apostando pola inclusión e a equidade, polo traballo en equipo e pola non discriminación á hora de organizar a resposta educativa do alumnado. Con todo, se é certo que se quere apostar por unha educación inclusiva e pola equidade, a Administración terá que tomar en serio os seguintes aspectos que non se mencionan en todo o articulado do Decreto e que despois das achegas que se fixeron dende o STEG, esperamos que teñan en conta; estas son:

·        a formación do profesorado especialista que traballa dende os DO dos centros e os EOE;

·        a dotación dos recursos persoais suficientes para poder atender a todas as necesidades que se detecten nos centros;

·        as medidas extraordinarias (adaptación curricular...), non deben ser consideradas excepcionais: deben xeneralizarse en todos os centros como medidas básicas para a atención educativa; e,

·        as necesidades de persoal para mellorar a atención á diversidade, que o propio Preámbulo da norma recoñece pero que en ningún momento atopan cabida no articulado do Decreto, deben ser atendidas prioritariamente. 

Así mesmo, observamos dous aspectos básicos que son susceptibles de ser mellorados:

En canto á ESTRUTURA, entendemos que a organización dos apartados e os seus contidos é confusa, quizais como consecuencia de que este Decreto sexa o resultado de refundir nun único texto todas as medidas que xa aparecían recollidas nas circulares, ordes e decreto anteriores de atención á diversidade, sendo de notar, neste sentido, que agás os artigos 28 e 30, este borrador non achega nada novo; 

En canto á TERMINOLOXÍA, sería preciso coidala ao longo do documento, pois se emprega de xeito pouco preciso; neste sentido, propomos que se recolla o ditado pola LOE, que a respecto do Alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo establece, no Capitulo I (Alumnado con necesidades específicas de apoio educativo) do Título II (Equidade na educación), os seguintes tipos:

·        alumnado que presenta necesidades educativas especiais;

·        alumnado con altas capacidades intelectuais; e

·        alumnado con integración tardía no sistema educativo español.

No STEG pensamos que con este novo Decreto de atención á diversidade se perdeu unha magnífica oportunidade para:

  • primeiro, clarificar e compendiar toda a normativa de igual ou menor rango existente ao respecto desta materia e que, deste xeito, permanecen sen ordenar;
  • segundo, regular a orientación educativa deste país, unha tarefa que consideramos de extrema urxencia.
Secretariado Nacional do STEG
xuño do 2011
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal