Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2010-2011
A traizón da Consellería
ACORDO DE AGRUPAMENTOS
 
A traizón da Consellería 

No curso 2009-2010 o STEG, xunto con outros sindicatos, asinou coa Consellaría un acordo que no seu momento supuxo evitar a supresión de máis de 300 unidades e a creación en dous cursos de máis de 160 novas unidades. Ademais dun acordo que melloraba substancialmente a calidade do ensino público, ía supoñer a creación da máis de 200 postos de traballo (na súa inmensa maioría no rural). Tratábase, sen ningunha dúbida, do mellor acordo que se tiña asinado en todo o estado en canto a ratios. 

A supresión de unidades xa estaba paralizada e para a creación das novas, o acordo contemplaba un 50% no curso 2009-2010 e o 50% restante no curso 2010-2011. No curso pasado a Consellería adiou a aplicación do acordo “sine die” aducindo motivos económicos, pero comprometéndose a manter os desdobres xa creados.

Este incumprimento provocou desigualdades entre centros ao rexerse uns por unha ratio e outros (podendo ser do mesmo concello) por outra distinta. Deixáronse de crear máis de 100 postos de traballo tal e como comprometía o acordo. Máis de 100 unidades pasaban a funcionar cunha ratio superior á establecida. A Consellaría recortaba dereitos ao alumnado do rural ao incumprir o acordo sobre as ratios nos agrupamentos de unidades de Infantil e Primaria.

Unha vez máis o argumento da crise segue a recortar onde máis se precisa investir. Ao peche de comedores e de colexios no rural hai que sumarlle agora esta medida, mentres millóns de euros se están a desviar para o ensino clasista concertado mediante subvencións aos colexios que segregan por sexo, a dotación de ordenadores do plan ABALAR, na creación de centros plurilingües…

Ante esta situación o STEG levou a cabo un  conxunto de medidas de carácter informativo e mobilizador co obxectivo de  que se cumprira o compromiso que se tiña adquirido co rural. Mantivemos xuntanzas cos todos os grupos parlamentares (BNG, PSdG e PP), coa FEGAMP, CONGAPA….

Temos solicitada a xuntanza urxente da comisión de seguimento que establece o acordo para esixirlle á Consellería unha aposta clara e contundente de mellora do ensino rural, mellora que comeza polo cumprimento deste acordo asinado.

Secretariado Nacional do STEG
xuño do 2011
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal