Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Outras iniciativas/Campañas do STEG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2010-2011
A Consellaría segue recortando efectivos no ensino negándose a cubrir substitucións do profesorado
VACANTES E REDUCIÓN DE PROFESORADO

A Consellaría segue recortando efectivos no ensino negándose a cubrir substitucións do profesorado

A Consellaría negouse a cubrir as vacantes do profesorado candidato nas eleccións municipais

Durante todo este curso a Consellaría continúa cunha política de recortes que afecta a centos de substitucións sen cubrir e a milleiros de alumnas e alumnos que ven vulnerado o seu dereito a unha educación de calidade. Foi práctica habitual deste curso e doutros anteriores non cubrir as baixas anteriores aos períodos vacacionais, mesmo cando xa se coñecían con antelación. Ao recorte anterior súmase outro que nunca se fixera: A Consellaría negouse a cubrir as vacantes do profesorado candidato nas eleccións municipais.

No DOG publicouse a normativa que da dereito ao profesorado galego que sexa candidato ás eleccións municipais a participar na campaña durante os 15 días desta. Nun primeiro momento colgáronse algunhas das vacantes para cubrir con substitucións e así atender ao alumnado e ao seu dereito á educación.

Posteriormente retiráronse da web da Consellaría polo que a nosa organización púxose en contacto coa Administración para coñecer as razóns e esixir que foran cubertas. Respondéusenos que non se ían cubrir por incluír o festivo das letras galegas e non ser 15 días senón 14.

Para o STEG estamos ante outro recorte inxustificado de profesorado e de atención ao alumnado galego polo que na Mesa sectorial  esiximos que sexan cubertas tal e como demandan os centros educativos. A Consellaría, que se negou a cubrilas, non facilitou os datos do profesorado afectado que segundo as nosas estimacións é de varias decenas e de centos de alumnas e alumnos que se verá privados de medio mes sen clase.

A estes recortes hai que engadirlle a supresión de máis de 700 prazas de profesorado, a preocupación pola amortización de centros de prazas correspondentes á xubilación LOE e cativas ofertas de emprego que non axudan a mellorar o ensino público.

Desde o STEG rexeitamos esta política da Consellaría de recortar recursos educativos que atentan contra o dereito do alumando a recibir unha educación de calidade e que son contrarios ao traballo en contra do fracaso escolar. 

Secretariado Nacional do STEG
xuño do 2011
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal