Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Outras iniciativas/Campañas do STEG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2010-2011
Desprezo da Consellería ante a comunidade educativa
A Consellaría de educación despreza ao profesorado, ao alumnado e ás súas familias ao suprimir máis de 1.000 prazas escolares e desprazar do seu posto a centros de profesoras e profesores

Desde o STEG podemos entender que a transformación de ensinanzas pode traer consecuencias para o alumnado e as familias. Mais é absolutamente rexeitábel e debemos denunciar a forma en que se está a levar a cabo por esta Consellaría. Só pode ser atribuíbel a unha deficiente xestión dos responsábeis da Consellaría que as consecuencias sexan moito máis graves do que deberan ser.

En canto ao alumado
:
Non se preveu que a estas alturas máis de 1000 alumnas e alumnos xa están matriculadas/os nun centro e se lles obriga a ir a outro que non escolleron. De terse feito coa antelación suficiente poderían terse matriculado noutro centro da súa preferencia. Cousas como estas son as que as familias teñen interese de escoller facendo uso da súa liberdade.

Por outra banda pechar un ciclo en Fene cara O Ferrol ou en Palas de Rei cara Lugo conleva ao desprazamento do alumando co conseguinte custo para as súas familias que teñen que facerse cargo do desprazamento e os outros gastos que isto xera. Esta é a aposta polo rural, que esta Consellaría,  prometía no seu programa electoral. 

En canto ao profesorado:
Supón a perda de destino de centos de docentes que, de terse feito co tempo e a antelación precisa, podía ter concursado e pensar na mellor maneira de solucionar esta difícil situación laboral.

A Consellaría é, xa que logo, responsábel desta deficiente xestión e de aumentar as consecuencias negativas para toda a comunidade escolar.

Por todo o anterior o STEG, demandará o vindeiro venres na mesa sectorial, a retirada do Proxecto de Decreto para a transformación destas ensinanzas, emprazando ao goberno galego a que lle dea a oportunidade ao profesorado, alumando e familias de planificar con tempo esta situación. Este tempo é imprescindíbel para minimizar o impacto negativo para familias, profesorado e alumnado que a xestión da Consellaría ven de provocar.

Pdf co documento

Secretariado Nacional do STEG
xuño de 2011

 

 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal