Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2010-2011
O STEG manifestouse diante do Parlamento

O STEG, xunto coa comunidade educativa, manifestouse hoxe diante do Parlamento na defensa dos dereitos do alumnado e profesorado afectado pola transformación dos IES en CIFP

Centos de persoas ( nais, pais, alumando e profesorado) solicitamos a retirada do Decreto lesivo para os dereitos da comunidade educativa. A imposición dun Decreto que impide ás familias escoller o centro onde van estudar as súas fillas e fillos e que suprime ao profesorado sen informalo previamente para que puidera exercer o seu dereito a participar no concurso de traslados é rexeitado de plano polo STEG.

A actitude desta Consellaría impide minimizar o impacto deste cambio de ensinanzas xa que non contou en ningún momento coa comunidade educativa ( familias, profesorado, direccións e alumnado). De terse feito coa transparencia e información esixíbel a calquera administración o impacto sería moito menor e a solución sería consensuada.

Na mesa sectorial o STEG e outras organizacións demandamos adiar esta transformación para o vindeiro curso para estudalo e así conseguir o consenso da comunidade educativa. A Consellería negouse a admitir esta demanda o que impedía calquera posibilidade de negociación.

Por este motivo é preciso mobilizarnos para denunciar a mentira da Consellaría que afirma crear prazas de FP cando na realidade está a suprimir prazas nos IES e aumentando as ratios a máis de 30 alumnas/os como por exemplo, entre outros, o IES Nº 1 de Ribeira. Ademais esta situación levará ao paro a moito profesorado interino afectado.

Outro efecto é deixar sen ciclos formativos a territorios como Fene, Palas de Rei e Ribadavia obrigando ao alumnado a cursalo en centros a moitos quilómetros de distancia e sen prever bolsas para posibilitar o mesmo dereito á educación.
Seguiremos a demandar a retirada e o estudo para o vindeiro curso deste Decreto e estudaremos continuar coas mobilizacións coa comunidade educativa se a Consellería continúa coa súa postura intransixente.


Secretariado Nacional do STEG
xuño de 2011
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal