Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Outras iniciativas/Campañas do STEG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2010-2011
Nota de prensa do Comité e do Padroado sobre o ERE ao que se ven abocados pola perda de fondos
NOTA DE PRENSA PREESCOLAR NA CASA

O Programa Preescolar na Casa, que leva traballando dende o ano 1987 pola infancia e o acompañamento das familias en educación infantil familiar, está a pasar por momentos moi difíciles.

Actualmente o financiamento da Xunta de Galicia, o principal subministrador de fondos do Programa, tivo unha redución dun 45%, do que se benefician actualmente arredor de 4.000 familias distribuídas por 267 concellos galegos.

Resulta paragóxico que este Programa, pioneiro neste tipo de servizo en todo o Estado, e que serviu de referencia a outras experiencias postas en marcha noutras Comunidades, nas que se está apostando por este tipo de iniciativas en beneficio das familias, vexa reducida as achegas da Administración Pública Galega nunha porcentaxe tan significativa.

Neste intre o Padroado da Fundación Preescolar na Casa e os seus traballadores están a facer un esforzo conxunto na procura de recursos que poidan servir para superar este momento. En todo caso, para facer fronte a esta situación, a Fundación vese obrigada á presentación dun E.R.E., polo que o servizo se verá seriamente mermado, sendo o único destas características que se está a prestar na actualidade na Comunidade Autónoma Galega.

Asdo.:

Padroado da Fundación Preescolar na Casa – Comité de Empresa de Preescolar na casa.

Lugo a 11 de xuño de 2011.
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal