Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2010-2011
Recorte sen precedentes no ensino público
RECORTE SEN PRECEDENTES NO ENSINO PÚBLICO
 
A Consellaría de Educación ven de realizar o maior recorte no ensino público que se recorda. Denunciamos o contido da nota da web da Consellaría na que se presenta unha imaxe falseada da motivación e as consecuencias desta medida. Preséntana como se, ao aumentar o número de horas de docencia, aumentará a atención ao alumnado, cando indubidablemente o que buscan é reducir o número de docentes drasticamente, como xa se está a sentir en moitos centros.
 
Ao equiparar o aumento das horas de docencia con calidade educativa, ocultan, o traballo necesario nas horas non lectivas para garantir a calidade da docencia, que sen dúbida se resentirá ao desapareceren horas de biblioteca, apoios educativos, desdobres...

A derrogación do acordo sobre catálogos dos postos de traballo de infantil e primaria do 8 de xuño de 2007 no relativo á xornada lectiva do profesorado trae consigo as seguintes consecuencias:
 

1.       Previsible eliminación de centos de postos de traballo de profesorado interino.

2.       Aumento de profesorado suprimido da súa praza.

3.       Menor atención ao alumnado para evitar o fracaso escolar, ao reducir docentes.

4.       Diminución da atención ao alumnado con necesidades educativas especiais.

Desde o STEG facemos un chamamento á comunidade educativa para que responda masivamente contra esta medida, innecesaria e inxustificábel, do noso sistema público de ensino que tanto esforzo custou conseguir.


Secretariado Nacional do STEG
Xuño do 2011

 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal