Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2011-2012
O STEG chama á reflexión colectiva sobre a supresión das actividades extraescolares
Desde o STEG queremos facer un chamamento á reflexión colectiva sobre as iniciativas que están a xurdir nalgúns Claustros escolares como resposta aos recortes anunciados pola Administración a finais do curso pasado. Se ben celebramos que se busque dar unha resposta colectiva e continuada, queremos salientar que ésta debe ter como obxectivo a Administración que leva a cabo estes recortes, polo que é preciso calibrar moi ben cada unha das propostas que xurden para avaliar se cumpren este requisito.

Asemade, debe ser un obxectivo primordial conseguir o apoio de toda a sociedade na defensa do ensino público, polo que cómpre facer un forte labor pedagóxico e de achegamento ás familias desde os centros educativos. Neste sentido, desde o STEG vemos con preocupación como algunhas das iniciativas das que temos constancia camiñan na dirección contraria equivocando, ao noso parecer, non só quen debe ser o obxectivo das protestas, senon tamén a estratexia de búsqueda de apoios imprescindibles para deter estas medidas.

Exemplo disto son iniciativas como a supresión de actividades extraescolares e complementarias, o que supón un claro prexuizo para o alumnado, ningún custe para a Administración, e un afastamento das familias e do resto da sociedade. Se ben entendemos que propostas como ésta parten do malestar entre o profesorado, podemos e debemos revertir este malestar con medidas que den exemplo de cómo, en todas e cada unha das nosas actuacións, poñemos o interese do noso alumnado en primeiro plano. De sermos quen de facelo así e visibilizalo, conseguiremos o que máis teme a Administración: a resposta unánime de toda a comunidade educativa.

Desde o STEG consideramos que a realización de actividades extraescolares e complementarias son unha clara posta en valor do noso labor educativo, polo que debemos pular por visibilizalas ante as familias e o alumnado, no canto de finiquitalas. Preocúpanos expecialmente o deterioro educativo e pedagóxico que supón a súa eliminación, o discriminatoria que resulta para o alumnado con menos recursos socioculturais e que dependen, polo tanto, destas actividades para coñecer o mundo dun xeito máis amplo do que pode ofrecer un libro de texto no mellor dos casos, ou a pantalla de televisión nos outros. Preocúpanos tamén o afastamento e enfrontamento do profesorado coas familias e o alumnado, que previsiblemente errarán tamén en quen facer blanco do seu malestar.

Para evitar esta situación, convidamos a todo o profesorado para que continúe a facer este labor e aproveite, en cada ocasión, para dar a coñecer ás familias e ao alumnado os motivos didácticos e pedagógicos polo que se realizan, así como o feito de que supoñen unha parte do noso traballo que non se corresponde coa docencia directa nas aulas. Dar a coñecer, en cada centro, os recortes aplicados e as consecuencias na organización escolar, son tamén unha medida para contrarrestar a distancia que os datos globais producen, así como as mentiras da Consellaría; organizar xornadas de portas abertas é unha iniciativa que facilita a cooperación entre profesorado e familias….

Desde o STEG consideramos que temos nas nosas mans a ferramenta máis poderosa para parar os recortes: o acceso ás familias. Depende de nós empregala construtivamente a favor da calidade no ensino público. Un obxectivo excelente para este curso que comeza.

Permanente do Secretariado Nacional do STEG
Setembro 2011

 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal