Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2011-2012
Estado da tramitación do proxecto de RD
ESTADO DA TRAMITACIÓN DO PROXECTO DE R.D.DE INGRESO Á DOCENCIA

Tras a case total falta de apoio das administracións autonómicas, o ministro de Educación Ángel Gabilondo manifestou publicamente o 15 de setembro que había motivos para reconsiderar a aprobación do novo R. D. de Ingreso. Isto provocou que algúns medios informativos anunciasen a súa retirada definitiva, pero a requirimento da Confederación de STEs-intersindical,da que forma parte o STEG, altos responsábeis da administración educativa do Ministerio de Eudcación asegúrannos a día de hoxe (27-09-2011) que se está a tentar facer posíbel o seu trámite. O STEG opúxose desde o primeiro momento a un proxecto que non contempla ningunha solución para o profesorado interino, lembra ao Ministerio de Educación que o presente borrador de Acceso tampouco conta co apoio sindical, esixe a súa retirada inmediata e a apertura de negociacións que contemplen un novo sistema baseado no acceso diferenciado para persoas interinas e as que non teñen experiencia docente.

Respecto aos temarios de oposición, a información verbal que temos indica que non vai haber cambios substanciais nos contidos, senon máis ben unha reordenación de temas que entraría en vigor para as próximas convocatorias

Coma sempre, divulgaremos puntualmente a información que nos chegue con novidades sobre este tema.


Permanente do Secretariado Nacional
outubro 2011

 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal