Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Máis Iniciativas/Campañas
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2011-2012
O STEG súmase ao manifesto
A REDE EUROPEA DE SINDICATOS ALTERNATIVOS E DE BASE apoia:
• O día internacional de protesta do 15 de outubro contra os bancos e a austeridade.
• As protestas contra o G-20 o 1 e 2 de novembro en Niza.
• As manifestacións e folgas que se están a preparar en diferentes países europeos.

MANIFESTO:

Non pagaremos as súas crises
¡Loitemos!


En todos os países gobernos e patronais poñen en práctica unha sucesión de plans de austeridade que responden á exixencias das institucións capitalistas mundiais: Fondo Monetario Internacional, Banco Mundial y Banco Central Europeo.

A súa receta é simple: fan pagar á poboación, explotar cada vez máis ás traballadoras e aos traballadores, para manter o poder e os beneficios dunha pequena minoría (capitalistas, banqueiros, industriais).

Destrúen os servizios públicos e a protección social, conxelan os salarios e as pensións, aumentan a productividade de os asalariados, aumentan impostos ás traballadoras e traballadores, incrementan a precariedade en todos os sectores, atacan a profesionalización... É unha guerra social que se leva a cabo contra a clase traballadora en xeral, as persoas desempregadas, as xubiladas. Para conseguir as súas metas os gobernos e as patronais atacan todas as conquistas democráticas, as liberdades e os dereitos sindicais que se conseguiron en xeracións pasadas, modificando a lexislación de dereitos sociais de cada país, reprimindo a quen se opoñen e estigmatizando á poboación máis desfavorecida e á inmigración.

Nesta situación debemos volcar todos os nosos esforzos na loita

A débeda xerada polos nosos gobernos así como o endebedamento privado serviron para manter o sistema, ocultando unha distribución da riqueza cada vez máis desigual a favor do Capital, a banca ou a gran industria, e para aumentar os beneficios dos seus accionistas.

As traballadoras e os traballadores non somos responsábeis das débedas públicas.

Esta crise marca o fracaso das políticas neoliberais que confiaron o destino da humanidade ao mercado. Este sistema está en crise, e débese cuestionar contrapondo un sistema social alternativo.

Fai falta distribuír a riqueza producida dunha maneira diferente. Débense tomar algunhas medidas inmediatas que só se poden lograr coa mobilización: modificar totalmente o sistema fiscal, subir os salarios, as pensións e os subsidios, crear traballo socialmente útil e estábel, etc. Pero isto debe apoiarse en medidas estruturais fortes: o desenvolvemento dos servizos públicos, reforzar a seguridade social universal, promover as inversións en educación e cultura, a igualdade real de dereitos entre homes e mulleres, etc.

O sistema capitalista sofre unha grave crise estrutural. Hai unha parte do movemento sindical que aceptou a concertación e a esencia do funcionamento e obxectivos deste mesmo sistema. En cambio, outros sindicatos de base loitan por defender os intereses dos traballadores e traballadoras, e por construír unha sociedade que non estea baseada na dominación e a explotación da maioría da poboación. Este sindicalismo, o o noso , é internacionalista.

Estes sindicados de base construíron unha rede europea para facer realidade este
proxecto a nivel supranacional. A crise alimenta a xenofobia e o racismo e é un medio para dividir e limitar os dereitos da clase traballadora.¡Cremos unha nova solidariedade internacional!

Para salvar o seu sistema capitalista e as súas ganancias, patróns e accionistas están organizados internacionalmente. O movemento sindical debe superar as fronteiras para impor outro sistema fronte a aquel que estoupa ás traballadoras e aos traballadores e espolia os recursos naturais e aos países poboas, provocando a fame, a miseria e a precariedade, atacando por todas as partes as liberdades democráticas e os dereitos fundamentais.

Nós construimos unha rede sindical alternativa en Europa, aberta a todas as forzas que queiran loitar contra o capitalismo, polos intereses e as aspiracións das traballadoras e dos traballadores, pola liberación de todas e de todos, polo benestar común e pola transformación da sociedade.

¡ Son eles quen han de pagar as súas crise!
¡Nós debemos imporlles,
mediante a loita, as nosas reivindicacións sociais!

Rede Europea de sindicatos alternativos e de base

 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal