Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2011-2012
A Consellaría négase a cubrir as vacantes do profesorado candidato

O STEG denuncia que a Consellaría se nega a cubrir as vacantes do profesorado candidato nas vindeiras eleccións estatais

Animamos a todos os centros a que lle exixan á Administración, ao igual que o está a facer o STEG, que cubra estas vacantes

No DOG do 2 de novembro, publícase a normativa que dá dereito ao profesorado galego que sexa candidata ou candidato nalgunha das candidaturas que concorren nestas eleccións, a solicitar permisos para participar na campaña entre o 4 e o 18 de novembro.

Ante o incumprimento por parte da Administración -durante as pasadas eleccións municipais- da súa obriga de garantir a substitución do profesorado que ten dereito a este permiso, a nosa organización se puxo en contacto coa Administración para esixirlle que cumpra coa lei nestas eleccións. Porén, a resposta que nos deron é que teñen intención de facer o mesmo que fixeron nas pasadas eleccións municipais, i.e, con carácter xeral non enviar profesorado substituto, agás en casos excepcionais como nas escolas unitarias. 

Para o STEG estamos ante outro recorte inxustificado de profesorado e da atención ao alumnado galego, polo que esiximos que sexan cubertas as solicitudes que se demanden dende os centros educativos. 
Animamos a todos os centros que se vexan afectados a esixir a Administración o profesorado preciso e a poñerse en contacto connosco para facer a máxima presión ao respecto.

DOG coa normativa para solicitar permisos por formar parte dunha candidatura

 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal