Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2011-2012
Comunicado
O STEG 

ANTE AS ELECCIÓNS XERAIS DO 20 DE NOVEMBRO

O vindeiro 20 de novembro realizásense as Eleccións Xerais que conformarán un novo Goberno e un novo Parlamento no Estado Español. O STEG, desde a nosa autonomía e independencia de calquera organización política ou institución do Estado, queremos facer pública a nosa posición e reflexión ante este proceso electoral. 

É innegábel que a política social e económica que deciden os diferentes Gobernos e Parlamentos ( nacionais ou estatais) aféctanos directamente ás persoas traballadoras: o paro, a precariedade laboral, os salarios, a discriminación salarial que sofren as mulleres, a carestía da vida, a xornada laboral, os accidentes laborais, a violencia de xénero, o acceso á vivenda, os servizos públicos (ensino, sanidade, transportes...), a atención a persoas dependentes, a defensa da paz e os dereitos dos pobos, as relacións internacionais… son cuestións todas elas que se poden enfocar desde un punto de vista favorábel á maioría da poboación ou, como sucede en demasiados casos, todo o contrario: cedendo aos intereses dos grupos de presión e dos denominados “mercados” que non son outra cousa que a banca, o gran capital, o mundo financeiro, o FMI…

Os miles de millóns de euros concedidos polo Estado a Bancos, Empresas e entidades financeiras non só non resolveron os problemas das persoas traballadoras, senón que continuaron os peches e as deslocalizacións de empresas, aumentou o paro, a perda de dereitos sociais e laborais, os recortes e privatizacións dos servizos públicos… ao tempo que se mantiveron os beneficios da gran capital e as súas multinacionais.

Ao anterior hai que sumarlle os recortes na educación, sanidade e ensino da Xunta de Galicia: centos de profesoras e profesores en precario, aumento da privatización tanto no ensino como na sanidade, deterioro dos servizos obrigando ao aumento de ratios e a impartir afíns imposíbeis, eliminando servizos de urxencias...

Non podemos deixar de nomear o ataque sen precedentes sufrido pola nosa lingua que responde a unha campaña dunha preocupante política centralizadora propia doutras épocas e de ideoloxías que semellaban desaparecidas.

É importante, pois, reflexionar sobre o ocorrido nestes anos. Non podemos obviar que as accións anteriores son froito dunha forma de pensamento ou ideoloxía asumida polos grandes organización políticas europeas coa colaboración dos grandes grupos mediáticos. Tampouco podemos esquecer a súa aplicación noutros territorios do Estado e europeos, como non podemos esquecer que o déficit de competencias en Galiza (mesmo no ensino) fará que as políticas estatais de posibles recortes futuros vaian afectar ao noso país.

Pensamento único que responde á crise cunha grande falsidade: a causa da crise é o déficit público polo que é preciso unha política de recortes nos dereitos socias e laborais. Conseguiuse eliminar do debate as causas da burbulla inmobiliaria e financeira: políticas irresponsábeis e cobizosas de desregularización da actividade inmobiliaria e financeira.

Fan falta, xa que logo, uns Gobernos que escoiten á maioría da poboación, aos miles e miles de persoas que estamos fartas ante os que non lexislan pensando no interese xeral da poboación, senón recortando dereitos e conquistas sociais conseguidas durante moitos anos de loita polas clases populares. 

Por iso, actuaremos en consecuencia, antes, durante e despois do 20-N, tentando coa nosa voz lembrar que podemos e debemos actuar contra esta deriva ideolóxica. Temos que sumar esforzos e facer chegar ( ben con noso voto ou con outras accións) á clase dirixente que non imos ficar impasíbeis ante esta situación e que se a política de recortes sociais non muda despois do 20N seguiremos coas mobilización necesarias defendendo a igualdade que só pode xerar o sector público..

Permanente do Secretariado Nacional do STEG
 
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal