Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Outras iniciativas/Campañas do STEG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2011-2012
Sobre a crise e o novo goberno estatal…


 

As eleccións xerais celebradas o 20N deron a maioría absoluta ao Partido Popular.Unha maioría absoluta que se suma á que xa ten na maioría das Comunidades Autónomas e Concellos.O Presidente do Goberno español, Mariano Rajoy, fixo pública a nova composición do executivo.Un goberno tecnócrata que vai pór en marcha novas reformas e recortes.

O STEG, ante esta situación, anuncia que continuará defendendo os dereitos sociais, laborais e económicos das traballadoras e traballadores; o estado do benestar; os servizos públicos de titularidade pública e as prestacións sociais de carácter universal.

Para o STEG, o novo goberno debe dar unha resposta, inmediata e satisfactoria, ás persoas paradas xa que a actual situación é insostíbel.Para facer posíbel isto, fan falta outras políticas distintas ás practicadas ata este momento.Estas fixeron recaer sobre a clase traballadora e a maioría da sociedade os efectos dunha crise económica xerada polos especuladores e a banca.Unha política baseada en diminución das inversións públicas, axudas aos bancos, redución de dereitos, reformas laborais ou recortes nas pensións que se mostrou totalmente inxusta, inútil e innecesaria.

A crise económica, ecolóxica, alimentaria, de valores, a involución democrática, a perda de soberanía dos estados...que serviu como escusa para destruír os dereitos sociais, laborais e económicos non xurdiron por xeración espontánea.Todas elas foron xeradas polas actuacións dos especuladores financeiros e dos capitalistas que pensaron só no beneficio a curto prazo a conta da maioría da sociedade.

O STEG aposta por pór en marcha medidas como: a creación de emprego estábel; a redución da xornada laboral que xerará novos postos de traballo; rematar coa dualización do mercado laboral que está a castigar ás persoas mozas,  mulleres e inmigrantes, condenándolles á precariedade, temporalidade ou a traballos sen as adecuadas condicións laborais ou económicas; rematar coa economía informal (mergullada) que condena a traballar sen contrato nin dereitos a un número importante de persoas; activar as políticas de apoio á industria e ao campo; investir en investigación, desenvolvemento e innovación; aumentar o salario mínimo interprofesional e as prestacións por desemprego para garantir que todas as persoas teñan un traballo ou unha prestación por desemprego digna ou suficiente; a potenciación de servizos públicos como garantes da prestación dos dereitos básicos e de xeración de emprego en sectores como a educación, a sanidade, os servizos sociais...e aumentar as pensións mínimas para garantir unha pensión suficiente para todas as persoas xubiladas.

Ademais tamén considera que é necesaria unha reforma fiscal progresiva, rematar coa fraude e os paraísos fiscais, unha taxa que grave as transferencias financeiras e unha banca pública.

Por outra parte, temos o convencemento de que hai que combater de forma real e efectiva a violencia machista, avanzar nas políticas de igualdade e defender os dereitos civís e o autogoberno dos pobos que configuran o estado español.

Oporemonos, de forma contundente, ás políticas contrarias a este camiño que se poidan desenvolver desde o novo goberno español.Para o STEG a política de diálogo social que caracterizou a negociación colectiva nos últimos anos foi un fracaso ao non servir para frear as políticas neoliberais, senón todo o contrario.Por iso, impulsaremos plataformas unitarias que aglutinen a sindicatos, organizacións sociais e políticas, onde as traballadoras e traballadores e a cidadanía teñan capacidade de decisión.En definitiva, trátase de crear un movemento unitario que vaia articulando as diferentes loitas para dar unha resposta estatal e nacional ás políticas neoliberais e antisociais.

 

Secretariado Nacional do STEG

 

 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal