Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Outras iniciativas/Campañas do STEG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2011-2012
Os sectores máis desfavorecidos, os peor parados
               O STEG rexeita os recortes aprobados polo Goberno español

O STEG rexeita a conxelación salarial aprobada polo Consello de Ministros para 2012 e que afectará, de novo, ao persoal empregado público. A conxelación salarial supón unha nova perda de poder adquisitivo para as 2.650.010 persoas que traballan nos diferentes organismos, institucións e administracións públicas do conxunto do Estado.

A previsión do IPC para 2012 é, segundo o Goberno español, do 1%. Pola súa parte, o Banco Central Europeo cifra esta previsión no 2%. Polo tanto, cada persoa que traballa no sector público verá rebaixado o seu poder adquisitivo, se se cumpren as previsións, entre o 1 e o 2%. Esta perda engádese á rebaixa do 5% dos salarios en 2010 e á conxelación salarial de 2011. Cómpre non esquecer  que en 2010 o IPC se situou no 3% e en 2011 no 2,4%. É dicir, en 2010 houbo unha redución salarial e nos anos 2010 e 2011 perdas importantes de poder adquisitivo. A estas perdas fará falta sumar unha nova en 2012. Todos estes datos poñen en evidencia a falsidade das declaracións da portavoz do goberno español que afirmou que non queren facer recaer sobre o persoal empregado público as medidas de axuste económico. Unha vez máis as persoas que traballan nos organismos, institucións e administracións públicas pagan os efectos dunha mala xestión e dunha crise económica que non xeraron.

O STEG tamén se opón ás restricións das ofertas de emprego público. Nun momento no que a taxa de paro é tan elevada o sector público debe servir para xerar emprego. Ademais, o Estado Español sitúase por debaixo da media europea en número de persoas que traballan para o sector público. Un sector importante para garantir a prestación dos dereitos básicos á cidadanía. Neste sentido a ampliación da xornada laboral suporá a redución do cadro e o despedimento de persoal interino ou eventual.

Tamén consideramos inaceptábeis outras medidas que figuran neste recorte histórico, como por exemplo: a conxelación do Salario Mínimo Interprofesional a 641,40 euros; o adiamento a 2013 da introdución dos dependentes moderados e da ampliación do permiso por paternidade; a non renovación das axudas ao alugueiro de 210 euros para a xente moza e a actualización das pensións en só o 1% cando a inflación da zona euro se prevé que sexa do 2%. Estas medidas supoñen que, unha vez máis, os sectores máis débiles da sociedade ven estragadas as súas condicións de vida. Das palabras da portavoz do goberno despréndese ademais que estamos ante "o inicio do inicio" da política de recortes do Goberno. Uns recortes que se concretarán na reforma laboral que se aprobará nos próximos tres meses e nos Orzamentos Xerais do Estado que se han de aprobar antes do 31 de marzo de 2012.

É sorprendente, por outra banda, que Luis de Guindos, que foi conselleiro asesor para Europa de Lehman Brothers, sexa un dos principais impulsores de todas estas medidas. Un feito nada anecdótico que pon en evidencia que o novo goberno segue os ditados do sistema financeiro e non obedece aos intereses da cidadanía. Un Goberno que, sen ir máis lonxe, ten entre os seus membros a persoas vinculadas a grandes empresas, bancos e corporacións multinacionais que nos trouxeron a esta situación social e económica que está a sufrir a inmensa maioría da poboación.

O STEG, conxuntamente coa Confederación Intersindical da que formamos parte, estuda neste momento unha estratexia o máis unitaria posíbel de mobilización social, sostida no tempo, que force un cambio nas políticas antisociais do novo goberno español que preside Mariano Rajoy.
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal