Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2011-2012
Día escolar pola paz e a non violencia
A PAZ É NECESARIA
30 DE XANEIRO DÍA ESCOLAR POLA PAZ E POLA NON VIOLENCIA

 O 30 de xaneiro, e coincidindo co asasinato de Gandhi, ábresenos a porta para poder reflexionar sobre as insuficientes aplicacións que ata agora tivo o valor da paz, existindo investigación e fundamentación sobre as consecuencias positivas que para o mundo podería ter a paz se fose práctica obrigatoria e prioritaria nas relacións internacionais entre os países.
Polo contrario, e a pesar de tantos millóns de mortes na historia, si segue tendo múltiples presenzas o seu contravalor chamado violencia e continúase manifestando na máis terríbel e cruel das súas caras na guerra. A paz está en estreita vinculación con outros grandes valores como o respecto, a igualdade, a coeducación, a xustiza, a  felicidade, a tolerancia, a cooperación... sabendo que ao desenvolver un destes valores aliméntase o desenvolvemento dos outros e tendo claro que na súa interacción constante todos eles son beneficiosos para a humanidade. Por todo iso é cada día máis necesaria a paz no mundo. A violencia nunca foi unha solución e si unha inxustiza, porque o máis forte machuca ao débil, e ademais, este exhibe a súa vitoria. Sempre foi así, cando eran as guerras con frechas e espadas, cando foron con balas, bombas e avións, ou nas de agora, incorporando tamén armas sofisticadas e de alta precisión. As guerras deberían estar prohibidas e tamén o negocio das armas. Detrás de todos os enfrontamentos bélicos sempre estivo a conquista do poder ou do territorio ou do petróleo e co bárbaro e irracional medio da forza bruta. Sempre hai algún ditador tirano que sen lle importar o sangue do seu propio pobo se aferra ao poder ata a súa propia morte, ou presidentes de goberno que sen escoitar aos seus pobos apertan o botón da guerra.
Nos centros educativos durante todo o curso, e desde Educación Infantil, trabállanse valores e actitudes, e entre eles o da paz que se adestra cun modelo axustábel polo alumnado para cada situación ou contexto, e móstrase nas aulas como procedemento para resolver os conflitos cunha solución pacífica e creativa. Para que en lugar de que gañe un e o outro perda, sexan os dous os que gañen. Prepárase para dar resposta a conflitos, que como é normal se dan nos recreos, nas aulas... e o alumnado pregunta que facer. Este día escolar para a paz aprovéitase para reflexionar e investigar sobre este gran valor, aínda que tamén se fai na continuidade e durante todo o curso, en coordinación con nais e pais e se organizan unha serie de actividades e manifestacións en favor da paz como moi necesarias e urxentes, con: murais, lectura de poemas, teatros, debuxos, contos... dinámicas nas que o alumnado, con diferente nivel de profundidade e acorde con cada idade, acostuman facer as súas preguntas: Por que se seguen facendo guerras sabendo as consecuencias negativas que teñen? Por que teñen que seguir morrendo mulleres asasinadas pola violencia machista? Por que os políticos falan e escriben sobre a paz e entón utilizan a violencia e a guerra? Quen leva tantas armas aos países pobres?, etc. Desde os centros de ensino, educando na paz, tal e como se fai, cúmprese co que poñen as leis educativas e os
currículos. Son os políticos e os grandes organismos os que están suspensos, porque sabendo que a paz está vinculada á xustiza no nivel internacional nunca o aplican, e os problemas que teñen algúns países do mundo como a fame, a falta de escolas, de hospitais, de medicinas para a súa solución nunca se fai o suficiente esforzo sostido. Esta brutal, inxusta e inhumana violencia mantense tamén no século XXI, e non di nada bo da razón do ser humano. Aparentemente non hai ninguén responsábel, pero moitas persoas morren en silencio. A paz é cada día máis necesaria para eliminar esta forma de violencia e hai que esixir aos políticos e aos organismos internacionais inmediatas solucións.
Nos centros educativos historicamente o profesorado educa en valores e actitudes preparando cidadás e cidadáns democráticos que saiban convivir. Pero para facilitar e mellorar este traballo, é preciso unha diminución do número de alumnado en cada aula e un incremento de profesorado para, con diferentes medidas organizativas, poder dar esta educación de calidade que todos e todas queremos mirando ao futuro.
Desde o STEG esiximos a todas as Consellerías de Educación e ao Ministerio de Educación un esforzo orzamentario para incrementar o número de profesorado en todas as etapas, diminuír a ratio para conseguir e manter unha educación pública de calidade, con Atención á Diversidade e formación en valores e actitudes como a paz e a convivencia.

Formato en pdf.

Proposta de actividades para Primaria

Proposta de actividades para Secundaria
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal