Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  OPOSICIÓNS   
OPOSICIÓNS 2012
O MEC anula os novos temarios de oposicións

A nova administración educativa comeza a facer gala dunha “política de terra queimada” ante calquera medida tomada polo anterior goberno

O Ministerio de Educación derrogou, segundo a Orde ECD/191/2012, de 6 de febreiro, os novos temarios aprobados pola anterior administración educativa publicados o pasado 15 de novembro, o que supón o restabelecemento dos anteriores, aprobados nos anos 90.

 

O STEG, que nese momento criticou a renovación dos temarios por se facer a destempo e sen previa negociación na mesa sectorial nin no Consello Escolar do Estado, lamenta fondamente  que agora o novo Ministerio de Educación incorra no menosprezo ás persoas aspirantes, ás que volve  sumir nun proceso de confusión dadas as datas avanzadas do curso e a poucos meses de se presentaren ás oposicións nas comunidades nas que se convocan prazas.

O feito de que o Ministerio non faga público un calendario de negociación sobre este e outros aspectos fundamentais para o profesorado interino e para as persoas que aspiran a acceder aos distintos corpos docentes, como é o modelo de acceso, amosa o absoluto desprezo pola situación de milleiros de persoas  pendentes das futuras convocatorias de oposicións. Sobre o novo modelo de acceso ao que se alude no BOE publicado hoxe, no que se derogan os temarios actuais, vólvese afirmar, unha vez máis, que queren seleccionar “aos mellores”. Desde o STEG insistimos na nosa denuncia de que se está a enviar a mensaxe implícita de que o profesorado que accedeu polos sistemas anteriores non é o mellor,dando a entender que a culpa do fracaso escolar é súa…

 

O STEG denuncia como inadmisíbel a política de terra queimada da que a nova administración educativa comeza a facer gala ante calquera medida tomada polo anterior goberno,agravada polo feito de non ter en conta ás organizacións que representamos ao profesorado nin ao resto da comunidade educativa.

 

 

 

                                                                                 Permanente do Secretariado Nacional

                                                                                                          7 de febreiro de 2012

 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal