Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Outras iniciativas/Campañas do STEG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2011-2012
Como afecta ao profesorado

Desde o STEG queremos amosar a nosa indignación ante a Lei de Medidas no Emprego Público. Coa excusa de reducir o gasto e  cumplir cos obxectivos de déficit público, adóptanse medidas claramente lesivas para as traballadoras e traballadores máis precarizados da Administración -persoal interino-, abúndase na mensaxe desvalorizadora do funcionariado e séntanse as bases para un continuo deterioro das nosas condicións laborais.

 Como nos afecta esta Lei de Medidas no Emprego Público

1. Aplícase ao profesorado e demais persoal de Consellaría de Educación?


Si; o devandito anteproxecto aplícase, entre outros, ao persoal da Administración da Comunidade Autónoma e dos seus organismos autónomos, entre os que se atopa todo o persoal da Consellaría.

2. A quen se lle aplica a redución nas retribucións en caso de incapacidade temporal?

Ao persoal que pertence ao réxime da Seguridade Social, polo que non afectaría ao funcionariado de carreira ou en prácticas, que pertence ao réxime das Clases Pasivas, independentemente de que a súa cobertura médica sexa pola Seguridade Social ou por mútuas privadas. É dicir, entre o profesorado afectaría a interinas e interinos, agás nas baixas debidas a accidentes de traballo, enfermidade profesional e maternidade.
Non se aplica ao funcionariado de carreira porque as súas incapacidades temporais están reguladas pola Lei sobre Seguridade Social dos Funcionarios Civis do Estado, que a Xunta non ten competencia para mudar.


3. Fondo de Acción Social


Suspéndese para todo o persoal agás a axuda para persoas con discapacidade. Tamén se suspende o FAS do 2011, do que a Consellaría anunciara que convocaría en xaneiro.

4. Xubilación forzosa

A xubilación forzosa do persoal funcionario declárase de oficio ao cumprir a persoa a idade legalmente establecida. O persoal funcionario docente non universitario poderá optar por xubilarse á finalización do curso académico no que cumpra a idade legalmente establecida.
Pódese solicitar a prolongación da permanencia na situación de servizo activo que se concederá, renovando ano a ano, atendendo aos seguintes criterios:

a) Razóns organizativas derivadas da planificación do emprego público

b) Resultados da avaliación do desempeño da persoa solicitante

c) Capacidade psicofísica da persoa solicitante, acreditada mediante informes médicos.

5. Redución de xornada

Pode acollerse voluntariamente o persoal funcionario de carreira e o persoal laboral. O Consello da Xunta acordará a redución de xornada forzosa para persoal interino ou temporal, cun tope dun tercio de xornada efectiva, e determinará, asemade, o persoal afectado e a duración da medida, que non poderá ser superior a cinco anos. Está por determinar, xa que logo, se ás interinas e interinos de educación se lles aplicará esta medida.

Permanente do Secretariado Nacional do STEG
  marzo 2012

Pdf co resumo da lei
Incapacidade Transitoria - como afecta ao persoal encadrado no Réxime Xeral da SS
DOG da Lei de medidas no Emprego Público
 
 
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal