Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Outras iniciativas/Campañas do STEG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2011-2012
Apretar ata afogar

Xa está ben de irmos de reforma laboral en reforma laboral, sempre cos mesmos pretextos e sen nunca acadar os obxectivos que dicían perseguirse.

Os motivos esgrimidos foron rematar co paro, unhas veces, e rematar coa precariedade no emprego, outras. Pero a realidade, sempre terca, veu  desmentir a eficacia de tales reformas. Non pasa nada: se a realidade non nos dá a razón, peor para ela, fundamentalmente porque os obxectivos reais non son os que se din, senón outros. E eses si que se conseguen.

Nos últimos vinte anos, tras varias reformas laborais, formuláronse modelos de contratos máis próximos ao lixo que á xustiza social; abaratáronse, progresivamente, os custos por despedimento; diminuíronse as cotizacións sociais para as empresas; facilitouse o traballo precario a través das ETTs…

Pero por moita flexibilidade laboral que se introduza agora, non se aumentará o emprego na construción, por exemplo, nin na maioría dos sectores onde baseamos o noso suposto crecemento no pasado, porque o problema non é ese: nunca explican porqué, cun mercado de traballo "ríxido" —segundo as súas palabras—, ata a chegada da crise se puido chegar a cifras próximas á total ocupación. Ninguén vai explicar que o que busca a nova reforma laboral é seguir diminuindo a parte da renda que vai parar ás persoas traballadoras, para aumentar a parte que pasa a engrosar as rendas do capital. O de sempre. 

Cando en 2007, no comezo do desastre, criticabamos o modelo produtivo e financeiro que provocara a desfeita, parecía que todo o mundo comprendía a absoluta necesidade de os modificar por un modelo produtivo sostibel económica e ecolóxicamente, afastado da especulación, “o pelotazo” e as burbullas, e por un modelo financeiro controlado polos Estados, evitando a circulación de produtos tóxicos, a existencia de paraísos fiscais ou os xogos bolsistas próximos á prestidixitación.

Sospeitabámolo cando diciamos que a crise a pagasen aqueles que a provocaron. Cando avisabamos de que non nos confundisen, que as culpábeis non eran nin as persoas traballadoras, nin os seus dereitos laborais, nin os servizos públicos. Pero, unha vez máis, a patronal, os organismos internacionais e o Goberno están a fabricar unha realidade paralela que oculta tras dela a verdadeira realidade.

Agora resulta que os dereitos laborais son rixideces innecesarias do mercado laboral …Resulta que os servizos públicos gratuítos e universais son ´un luxo´ que igual non nos podemos permitir. Que vivimos por encima das nosas posibilidades.

Por certo, a quen se refiren cando se lles ocorre dicir isto? Porque xa está ben que señores (case sempre son homes) con pensións de xubilación millonarias, con rendas que non alcanzamos a imaxinar, cunha produción froito do seu «gran traballo e dedicación» invisíbel aos nosos ollos, aínda que seguro que moi visíbel nos seus petos… nos impoñan a crenza de que quen ten un soldo de 1.100 euros ou unha pensión de 600; que quen utiliza o ensino ou a sanidade públicas, gastou de máis e é o responsábel da crise, o déficit orzamentario ou a burbulla inmobiliaria.

Os seus chamamentos cada vez lembran máis á escaleira, caricatura da escala social, situada na auga, na que quen está no chanzo máis alto pide que se compartan sacrificios e que todas as clases e sectores han de baixar un chanzo, co pequeno problema de que quen está abaixo pasa a estar baixo a auga. Pero tampouco esa caricatura é verdade, porque o que nos piden, como o fixo Botín, presidente do Banco Santander, nas súas declaracións sobre a necesidade ineludíbel da reforma laboral, non é baixar todo o mundo un chanzo, senón que os de abaixo se afoguen, para que os de arriba poidan subir aínda máis alto.

Permanente do secretariado nacional do STEG
febreiro do 2012
pdf para imprimir

 

 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal