Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2011-2012
As condicións laborais degrádanse aínda máis
Unha reforma deseñada a medida para a patronal que degrada aínda máis as condicións laborais

O STEG considera que a nova reforma laboral vai supor un cambio drástico do mercado laboral no Estado Español. Esta enésima volta de porca aos dereitos das traballadoras e dos traballadores responde exactamente ás propostas da patronal, pregándose o Goberno Español absolutamente aos seus intereses.

Nunca as relacións laborais foron igualitarias, pero as medidas incluídas no Decreto-Lei, publicado o 11 de febreiro, rompen definitivamente toda posibilidade de manter certo equilibrio: imponse a supremacía da patronal á hora de determinar as condicións de traballo.Nesta reforma, aprobada manu militari sen contar co mínimo consenso social, destacan estas agresions:

convértese en despedimento procedente (sexa individual ou colectivo) todo despedimento producido tras unha diminución de ingresos da empresa. Neste caso, o custo do despedimento é de 20 días por ano traballado cun máximo de 12 mensualidades.

•  xeneralízase a indemnización por despedimento improcedente de 33 días por ano traballado, rematando definitivamente cos poucos contratos que se facían de 45 días:

•  os despedimentos colectivos non necesitarán autorización administrativa previa

• os organismos e entidades do sector público poden alegar tamén causas económicas, organizativas, técnicas ou de produción para redimensionar cadros, é dicir, que as administracións públicas poderán despedir a persoas laborais fixas;

amplíase o negocio das ETT, podendo funcionar tamén como axencias privadas de colocación.

Especialmente grave é o feito de que a partir de agora as decisións ou pactos empresariais terán máis valor que os convenios colectivos. Así, é moi doado que se produza unha maior desvinculación da negociación colectiva por motivos económicos. Os convenios de empresa serán independentes dos acordos sectoriais. Só será necesario o pacto entre empresa e traballadoras e traballadores. Tampouco será necesaria a súa representación  por parte dos sindicatos. Esta medida supón unha indefensión total das traballadoras e traballadores.
Xa que logo, en canto á negociación colectiva, remátase con ela. Nas pequenas empresas, sen capacidade de presión colectiva, será a patronal quen decida as condicións de traballo. Ademais pódense incumprir os acordos, como tamén se xeneralizou nas administracións públicas para o seu persoal, o que deixa os convenios en papel mollado. E pódense ter, agora, persoas con distintas condicións de traballo nunha mesma empresa, por ejemplo, por motivos de produtividade.

Esta reforma laboral persegue, xa que logo, abaratar o despedimento, a precariedade laboral e a submisión das traballadoras e traballadores, posto que non terán capacidade de negociación. A contratación convértese nun contrato de adhesión segundo o cal unha das partes impón as condicións e a outra acepta sen máis remedio. É xusto o que calquera patronal de calquera país desexaría para poder ter man de obra barata e dócil.

O STEG  móstrase totalmente contrario a esta reforma laboral e ás medidas de axuste aprobadas polo Goberno Español, que pretende rematar cos dereitos sociais, laborais e económicos, así como cos servizos públicos. Por todo isto, desde o STEG facemos un chamamento para a toda a sociedade para manifestar a súa oposición a esta política antisocial e para esixir unha rectificación dunha política gobernamental francamente reaccionaria.

Ou paramos  este proceso, ou perderemos ata un século de conquistas sociais.

  Permanente do Secretariado Nacional do STEG
febreiro do 2012


 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal