Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2011-2012
O STEG lamenta o resultado do informe publicado pola RAE sobre o uso da linguaxe sexista (pero non se sorprende)

 

Desde a Asemblea de Mulleres do STEG, claramente comprometidas cun uso da linguaxe non sexista, non podemos máis que lamentar o informe publicado e aprobado pola RAE, elaborado por Ignacio Bosque “Sexismo lingüístico e visibilidade da muller” no que pretende pór en entredito nove guías ou manuais de uso non sexista da linguaxe. Ao longo das 18 páxinas do informe, o académico tenta desmontar a validez do uso de ditos manuais aludindo que se elaboraron á marxe de lingüistas (que pensará de iso Eulalia Lledó por exemplo), utilizando unha serie de argumentos que máis ben parecen de defensa, ante o que ao parecer considera un intrusión profesional, e que porén esquece cando alude ao tema da paridade. Non dubida en tentar enfrontar ás mulleres en canto á valoración das recomendacións destas guías, citando a eminentes científicas e mulleres comprometidas coa igualdade e que porén non usan a linguaxe inclusiva; tampouco dubida en provocar a discrepancia cando menciona que as mulleres non se senten excluídas e esquece que as guías buscan sempre a sensibilización sobre un tema ou outro…se non fixese falta a concienciación social non se farían! Non parece entender que unha cousa é que as persoas manifesten a través do seu uso da linguaxe actitudes patriarcais e outra é que co uso do xenérico masculino se perpetúa ese sexismo e se reforza. Por último, as súas constantes alusións a que noutras linguas se usa o masculino xenérico, á orixe destas linguas así como as coñecemos, non nos satisface, pois a lingua está viva, senón fose así continuaríamos falando e escribindo en latín…; a lingua debe ser preservada, por suposto, pero nunca encorsetada en canons inflexíbeis que non permitan o seu crecemento e o seu reflexo da realidade social, e neste caso é que” a metade” da poboación española é feminina e xa que logo debe ser nomeada en feminino.



 Asemblea de Mulleres do STEG

 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal