Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  MESA SECTORIAL   
MESA SECTORIAL 2011/2012
Valoracións do STEG das ordes da Mesa do 08/03/2012

Orde pola que se convocan licenzas por formación destinadas ao funcionariado docente non universitario

Na Orde faise  referencia á formación do profesorado como “peza clave” para a calidade da educación; dise que a oferta formativa debe “facer ao profesorado partícipe… fomentar a creatividade, a capacidade de innovación… o talento” e este borrador só contempla proxectos individuais e/ou de dous membros dirixida principalmente ao 3º ciclo de Primaria, 1º ciclo de Secundaria e ás ensinanzas de FP. Son por outra banda licenzas referidas a traballos moi pechados e con temáticas xa establecidas.

Non teñen cabida tampouco, ao igual que o curso pasado, os proxectos de investigación relacionados con ámbitos como a atención á diversidade, as bibliotecas escolares, materiais coeducativos, orientación educativa e psicopedagóxica, plans de convivencia, proxecto lector… Tampouco ten cabida a modalidade de licenzas por estudos para rematar unha diplomatura, grao, licenciatura, enxeñaría… Quereriamos que a Consellaría explicara cales son os argumentos pedagóxicos nos que se basea para non recoller estas modalidades por licenzas que se tiñan en conta ata o curso pasado.

Afirmémonos de novo en que se trata dunha demanda retórica, xa que argumentos pedagóxicos ou de calidade educativa non hai ningún, xa que o que estamos a observar, tanto nesta orde coma noutras é o desvío dos recursos desta Consellería para a formación en inglés. O mesmo acontece coa elaboración de materiais curriculares dixitais, encamiñadas ambas modalidades a dotar ao igual que o curso pasado, ao programa ABALAR de contidos dos que carece.

 

Demandamos, xa que logo, a reintrodución das modalidades contempladas en convocatorias anteriores, para garantir unha oferta equilibrada acorde cunha verdadeira calidade educativa.

 
Alegacións ao articulado:

Solicitamos, tanto para a Modalidade 1 como para a Modalidade 2, que se elimine a restrición a ciclos concretos e que poidan ser de calquera etapa. Pedimos, ao igual que o fixemos o curso pasado, que se esixa que sexan elaborados en galego agás nas materias lingüísticas e que se substitúa a expresión “contidos curriculares” por materias que versen sobre algún dos seguintes ámbitos: que favorezan o desenvolvemento curricular, que melloren a integración do alumnado inmigrante, que favorezan a utilización da lingua galega no ensino,  a atención á diversidade, a mellora da Orientación educativa, psicopedagóxica e profesional,  a elaboración de materiais coeducativos relacionados cos Proxectos dos centros (educativo, lector, Plan de convivencia…)

Ao respecto das Modalidades 3 e 4, estamos satisfeitas/os de que se inclúan especificamente as ensinanzas de Formación Profesional pero pola contra manifestamos a nosa desaprobación a que ambas as dúas vaian dirixidas “preferentemente” ao profesorado formado pola Consellería .

No que se refire á Modalidade 5, temos que sinalar que se introduce esta nova modalidade que é a de grupo de traballo para a creación de cursos non presenciais para a formación do profesorado a través da Plataforma PLATEGA; estes cursos unicamente poderán ser os establecidos polo CAFI, entendemos que segundo as súas necesidades e nunhas condicións determinadas. Consideramos que isto é un abuso, pois o que se pretende con esta nova modalidade é que se desenvolva un traballo que deberan realizar as asesoras ou asesores da Consellería.

Por último no que se refire á Modalidade 6. Perfeccionamento de linguas estranxeiras no exterior:

Solicitamos que se elimine a restrición de “profesorado non especialista”. Solicitamos a retirada do parágrafo relacionado co obxectivo da modalidde e polo tanto do compromiso por parte do profesorado de promover seccións binlingües ou centros pluriligües. En caso de non eliminalo solicitamos que se substituá a palabra acreditación por certificación ou titulación oficial de nivel B2.

 

ORDE pola que se convoca concurso de méritos para a selección e nomeamento da dirección dos centros docentes públicos

Queremos manifestar que este sistema de selección non é o modelo do STEG, pois nós defendemos que sexa o Consello Escolar, por ser o órgano máis democrático e representativo da comunidade escolar, quen elixa os equipos directivos. Tampouco aceptamos que o profesorado poida optar a postos de dirección en centros nos que non está a desenvolver tarefas educativas. Neste sentido, para nós serían modificables varios artigos desta Orde relativos aos requisitos (arts. 1 e 2), concretamente as epígrafes  -que establecen a antedita posibilidade-, e á comisión de selección (5.1) e á selección das candidaturas (8.5), así como o Decreto 29/2007, que serve de marco a esta Orde, aínda que sabemos que esa posibilidade está pechada pola LOE.

A respecto desta Orde, o STEG demanda:

·      no artigo terceiro (solicitudes e documentación), solicitamos:

Ø     que o proxecto estea redactado en galego.

Ø     que non se poidan presentar proxectos a dous centros (eliminar o punto 3.2., no que se di: “efectuarase unha solicitude por cada centro que se demande ata un máximo de dous”).

·      no artigo quinto (comisión de selección), solicitamos:

Ø     que en caso de non terse elixido representantes do claustro ou do Consello Escolar, o nomeamento sexa só por un ano (5.8).

·      no artigo sétimo (funcións da comisión de selección), solicitamos que, á hora de avaliar o proxecto de dirección, se valore especialmente que inclúa ás persoas propostas para formar parte do equipo directivo, así mesmo, solicitamos que se suprima o requisito da entrevista, aínda que entendemos que a súa universalización fronte á discrecionalidade proposta noutras ocasións é positiva. 

·      no artigo oitavo (selección das candidaturas), solicitamos:

Ø     que, no caso de empate, se modifique a orde de desempate, dando preferencia ao epígrafe 1 do baremo (antigüidade) fronte ao 2 (meritocracia), pois entendemos que así se favorecen os cambios, a participación e implicación de maior número de profesorado nos cargos directivos (8.4).

·      no artigo décimo segundo (avaliación do programa de formación), pedimos que se explique en que vai consistir a avaliación do programa de formación inicial, solicitando ademais que nesa avaliación teña un peso específico a valoración que fixeron as persoas asistentes ao curso logo do primeiro ano de desempeño do posto a respecto das necesidades reais non cubertas coa materia do curso, demandas insatisfeitas, queixas...

·      no artigo décimo terceiro (nomeamentos) solicitamos que se estableza un período para realizar o “traspaso” da dirección. Neste período habería que recoñecer, tanto a nivel económico como administrativo, a ambas direccións (a saínte e a entrante).

·      no artigo décimo cuarto(nomeamento con carácter extraordinario), solicitamos que sexa só por un ano e sen obriga de facer o curso ou que este sexa en horario lectivo.

·      A respecto do BAREMO solicitamos,:

·      que se retire a epígrafe 2 (experiencia en cargos), para fomentar a participación e o relevo democrático; e a epígrafe 5 (catedráticos), que non achega nada ao desempeño dos cargos que se pretenden cubrir con esta Orde.

Así mesmo, no STEG consideramos que non todos os cursos de formación son igualmente válidos para o desempeño da función directiva, polo que, como reflexión de carácter xeral, queremos expresar o noso desexo de que a Administración incorpore na formación inicial do profesorado con funcións directivas -ou ben valore de xeito específico ese tipo de formación no baremo anexo a esta Orde-, cursos relacionados coa resolución de conflitos, o fracaso escolar, a prevención en temas de xénero...materias que consideremos precisas para a mellora da función directiva.

Finalmente, demandamos, unha vez máis, xa fóra desta Orde aínda que relacionado con ela, que as substitucións das persoas que compoñen os equipos directivos, teñan efectos administrativos e económicos plenos.

 
 
 
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal