Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Máis Iniciativas/Campañas
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2011-2012
Manifesto

As duras consecuencias que a reforma laboral presentada polo goberno vai ter sobre as traballadoras e os traballadores, así como as medidas encamiñadas a desmantelar o xa de por si precario Estado de Benestar, fan necesaria unha resposta unánime de toda a sociedade que envía unha mensaxe clara ao goberno, á patronal e aos mercados financeiros: o medo non vai ser un motor de desmobilización. Ao contrario, o medo a que podan conseguir unha mínima parte do que teñen xa planificado, é o motor de mobilizacións que sen dúbida continuarán máis alá do 29M.

O sentido da responsabilidade -ese ao que tanto lle gusta apelar ao goberno- obríganos a defender as condicións imprescidibles para unha vida digna para todas e todos; condicións que se esvaecen coa ruptura que esta reforma laboral supón de calquera ilusión de “equilibrio” nas relacións laborais. Debemos poñer un límite á cobiza das e dos que queren que a xente traballe para subsistir defendendo un reparto do traballo e da riqueza xusto.

Desde o STEG faremos un chamamento, xunto coas demais organización sindicais de educación, para que o profesorado non só respalde a convocatoria de folga, senon que se convirta nun axente de mobilización entre toda a comunidade educativa. Porque é o momento da unidade de acción social e sindical.

 

O 29M deamos unha resposta alta e clara aos que viven do noso traballo!

Di  NON a:

Baixada de salarios.

Aumento da xornada laboral.

Despedimentos inxustificados e baratos.

Recortes en ensino e sanidade.

Rebaixa das pensións.

Contratos lixo.

Privatización e estrago dos Servizos Públicos.

Recortes sociais.

Modificación das condicións laborais sen acordo


Ou os paramos ou nolo quitan todo!



Manifesto para imprimir

 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal