Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2011-2012
Recorte de recursos aos Centros Plurilíngües

O STEG xa demandou no seu momento o seu rexeitamento  cara a “rede de centros pluringües” e pediu que se substituíra por un verdadeiro proxecto de aprendizaxe das linguas estranxeiras para todo o alumnado. O enfoque da Consellaría non se sostiña pedagóxicamente e introducía un factor de discriminación no acceso a recursos entre o alumnado duns centros e o de outros. 

No seu momento o STEG solicitou un proxecto de aprendizaxe das linguas estranxeiras para todo o alumnado, independentemente das posibilidades dun centro de sumarse a esta rede.

A Consellaría non fixo caso das nosas demanddas e a “rede de centros plurilingües” foi adiante. O custe para a Administración foi mínimo xa que a meirande parte dos recursos económicos destinados á súa creación foron substraídos claramente doutras partidas.

Agora, supoñemos que co escudo  da situación económica,  estes centros que formaban parte do seu “programa estrela”, deixan de percibir as contías económicas que viñan recibindo sen explicación algunha.

O STEG denuncia que  non se poña en coñecemento destes centros a nova situación, o que dificultará o desenvolvemento das súas programacions. Mentres esto acontece, na páxina web da Consellería atrévense a dicir: “ a Xunta volve demostrar o seu interese pola formación do alumnado galego en idiomas, a pesares da grave crise económica pola que se atravesa,…” ao referirse ás prazas destinadas ao alumnado para actividades de aprendizaxe de linguas estranxeiras. Unha vez máis, estase a vender fume.

Permanente do Secretariado Nacional do STEG
5 de marzo de 2012

 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal