Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  MOBILIZACIÓNS    
FOLGAS XERAIS
O éxito da folga obriga ao goberno a rectificar
Desde o STEG celebramos a resposta masiva da cidadanía á Reforma Laboral aprobada polo goberno de Rajoy, plasmada no éxito da xornada de folga do día 29. En contra do argumento esgrimido desde Madrid de que o éxito electoral do 20N lexitima as decisións que está a tomar o goberno estatal, desde o STEG queremos salientar que a cidadanía acaba de demostrarlle ao PP que non refrenda o programa oculto que non explicitou antes das eleccións.

Desde o STEG celebramos, ademais, o éxito da folga entre o profesorado do noso país, o que demostra o compromiso das traballadoras e dos traballadores do ensino coa situación social actual e co futuro laboral do noso alumnado. En educación levamos moitas xornadas de protesta e folgas polos recortes realizados nos últimos anos no ensino, o que non impediu que nesta xornada a maioría das e dos docentes secundasen a folga.

Así as cousas, a mensaxe ao goberno estatal é alta e clara: rexeitamento total a que sexan as traballadoras e os traballadores quen paguen unha crise provocada pola especulación financeira, así como a que a crise se empregue como coartada para levar adiante políticas ultraliberais de desmantelamento de dereitos sociais e laborais conquistados ao longo de décadas.

Desde o STEG animamos ao toda a sociedade a perseverar na protesta contra esta Reforma Laboral ata que ao goberno non lle quede máis remedio que escoitar a voz da maioría das traballadoras e dos traballadores.

 
Permanente do Secretariado Nacional do STEG
marzo do 2012
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal