Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2011-2012
O STEG considera unha tolemia a proposta de Rajoy de recortar dez mil millóns en educación e sanidade
                           
O goberno de Rajoy vén de facer pública a súa decisión de recortar dez mil millóns de euros en sanidade e educación, o que para o STEG é unha tolemia, pois un recorte tan salvaxe en educación significaría rematar co sistema educativo tal e como o coñecemos hoxe, masificando as aulas e despedindo a miles de profesores.

Tras uns Orzamentos Xerais do Estado que recortan preto do 22% o orzamento de Educación (o que significa que se disporán de 625 millóns de euros menos) e dos recortes que a Consellería de Educación está a aplicar nos seus propios orzamentos, agora o goberno central afirma que van recortar unha cantidade brutal, o que fará que se produza, entre outras cousas, unha masificación nas aulas (polo aumento das ratios que xa anunciou o ministro Wert afirmando, con absoluto descoñecemento do que é unha aula, que o aumento do número de alumnas e alumnos non afecta á calidade educativa), un forte retroceso en programas educativos de todo tipo, a diminución da bolsas, o despedimento dun gran número de docentes…

 

Desde o STEG , xunto coa Confederación de STEs-i, pedimos ao goberno que non recorte en educación,xa que para saír da crise é necesario que a mocidade mellore a súa preparación. Ao mesmo tempo, chamamos ao profesorado e ao conxunto da comunidade educativa a mobilizarse en defensa dun ensino público de calidade para todas e todos.

 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal