Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Outras iniciativas/Campañas do STEG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  FORMACIÓN STEG   
CURSO 2011/2012
Achegamento á Lingua Escrita
Matriculación:   Folla de inscrición
Nome do curso: Achegamento á Lingua Escrita
Nome da relatora: Mª Teresa Neira González
Nº de horas totais de formación: 10 horas
Lugar de celebración: MUPEGA (San Lázaro, 107. Santiago de Compostela)


Datas:
11 (venres) de maio de 2012.
12 (sábado) de maio de 2012.


Horario:
venres: 17:00 - 20:00 (3 horas)
sábado: 10:00 -14:00 // 16:00 - 19:00 (7 horas)

Aforo: 25 persoas

Matriculación: Farase únicamente cubrindo a folla de inscrición

Prazos de inscrición:

- Desde o 13 de abril para a afiliación.
- Desde o 20 de abril para o resto das persoas.


Prezos da inscrición:

-Afiliación en activo: 25 euros
-Afiliación en situación de desemprego: 15 euros
-Persoas non afiliadas: 35 euros

Obxectivos:

- Coñecer e analizar, moi brevemente e dende a perspectiva constructivista, as investigacións sobre o ensino-aprendizaxe da lingua escrita e a lectura.
- Coñecer as etapas fundamentais na adquisición do proceso da lingua escrita, dende as escrituras indeterminadas ata as escrituras alfabéticas.
- Fornecer pautas metodolóxicas para o desenvolvemento curricular da lingua escrita.
- Analizar e deseñar secuencias didácticas para traballar distintos tipos de textos, incluído o traballo con texto expositivo na realización de proxectos.

Programa de contidos:

- Presentación breve dos paradigmas ou modelos acerca da lectua e escritura. Que se entende por ler e escribir desde un enfoque construtivista. A relevancia da lectura en voz alta de bos textos por parte da persoa docente hacia o seu alumnado. O achegamento á lectura e á escritura no currículo LOE.
- Etapas polas que pasan as/os nenas/os no proceso de aprendizaxe da lingua escrita.
- Orientacións metodolóxicas, o traballo con textos sociais e a información ás familias.
-Clasificación dos distintos tipos de textos e a súa función. A planificación de secuencias didácticas puntuais e estables. Actividades para traballar as propiedades dos textos e actividades para traballar o sistema de escritura.
- Secuencia didáctica con texto enumerativo, o nome propio.
- Secuencia didáctica con texto literario, o conto ( Caperucita Roja).
- Secuencia didáctica con texto expositivo, os proxectos (Zapatos e Bosques).


Orzamento estimado do curso:
Gastos aproximados
(pagamentos ao profesorado encargado do curso, gastos de material didáctico e de xestión...)
491,32 €
Ingresos estimados
500,00 €
Saldo
8,68€
 
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal