Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2011-2012
Quérese volver a unha universidade elitista e excluínte
O STEG rexeita o encarecemento dos estudos, a diminución da oferta de Titulacións e a redución do cadro do profesorado e persoal investigador.

A suba das taxas universitarias en máis dun 50 %, xunto coa redución de case un 12% do orzamento de bolsas (166,4 millóns menos que en 2011), limita o acceso á Universidade Pública á gran maioría de cidadáns e cidadás de niveis de renda medios e baixos.

Así mesmo, a proposta de adecuación da oferta de titulacións a un número mínimo de matrícula, ademais de que non responde a unha realidade que poida ser controlada legalmente desde o Ministerio ao ser competencia das Comunidades Autónomas, non pode pretender unha planificación baseada exclusivamente na demanda do alumnado: a orientación da formación científica e da investigación debe responder a outro tipo de criterios.

Estas propostas continúan errando a diagnose sobre as necesidades do Sistema Universitario, facendo recaer, unha vez máis, sobre o alumnado o custo e as posibilidades dos seus estudos, e sobre o profesorado en canto ás posibilidades de promoción académica e investigadora, a responsabilidade das disfuncións que poida presentar o sistema. En verdade, o que se pretende con estas propostas de control do gasto público é abordar unha definitiva RECONVERSIÓN DO SISTEMA UNIVERSITARIO PÚBLICO.

Este conxunto de medidas son incompatíbeis cos obxectivos principais da Estratexia UNIVERSIDADE 2015, pois faltan ao “compromiso de servizo público da Educación Superior universitaria”, abandonando a función social dunha Universidade Pública que debería permitir a incorporación de calquera persoa á Educación Superior universitaria independentemente do seu nivel económico ou social.

A Universidade Pública require a atención suficiente sobre o seu profesorado e o seu alumnado, fiscalizando a eficacia da inversión pública e avaliando resultados, non impedindo o acceso aos estudos ou criminalizando a actividade docente e limitando as posibilidades de desenvolvemento académico e investigador: fan falta máis e mellores profesoras e profesores e non tanto que cuestionen o seu labor, incrementen a súa carga lectiva e o número de alumnado ao que atender ou limiten as súas posibilidades de investigación. O Ministro Wert debería favorecer o acceso de todos e todas en igualdade á Universidade, conxelando as taxas académicas durante os próximos cursos ante as dificultades económicas polas que atravesan moitas familias.

O STEG denuncia que estas medidas supoñen, en definitiva, un duro ataque á calidade do ensino e da universidade e un retroceso sen precedentes para o sistema educativo,polo que esiximos ao goberno da Xunta que non as aplique nas universidades galegas. De non ser así, promoveremos mobilizacións de toda a cidadanía co obxectivo de paralizar este duro ataque e conseguir que o ensino e a universidade pública galega non sufran o estrago que lle ocasionaría a aplicación dos decretos aprobados.

Secretariado Nacional do STEG
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal