Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2011-2012
Conxélase a implantación dos ciclos LOE que actualmente teñen menos de 2000h

O luns 16 de abril o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, có beneplácito da Consellería de Educación e OU, presentou unha serie de medidas de recorte na educación pública que prexudican gravemente a calidade do ensino e por extensión a toda a comunidade educativa.

Dentro das medidas anunciadas encontrase a paralización ata o curso 2014-15 a implantación dos currículos LOE que deberían sustituir os actuais currículos LOGSE que teñan unha duración inferior as 2000 h. Estes currículos LOGSE están desfasados dende que no ano 2007 se implantou a LOE e na cal se contemplaba que todos os ciclos deberían estar adaptados no ano 2013.

Que significa esta conxelación na práctica:

1- O alumnado destes ciclos ve minguada a súa formación xa que nos novos currículos terían unha formación teórico-práctica nos centros de 5 trimestres ( unhas 1600 h ) fronte os tres trimestres actuais ( 960 h ). Perden o dereito a 600 h de formación.

2- Os novos currículos LOE establecen unha correspondencia das unidades de competencia acreditadas consoante o establecido no artigo 8 da Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño, das Cualificación e da Formación Profesional, cos módulos profesionais para a súa validación, e viceversa. Isto, que permite unha equivalencia rápida e clara entre a formación de Traballo ( formación continua e ocupacional ) e a de Educación ( formación regrada ), negase para este alumnado.

3- Os currículos LOE acreditan ó alumnado co Nivel básico en prevención de riscos laborais ( RD 39/1997, de 17 de Xaneiro ), formación que se lle nega o alumnado LOGSE na época de crise na que nos atopamos esta formación a maiores pode ser a diferenza entre atopar un emprego ou non.

4- A non implantación destes ciclos LOE impedira que profesorado que leva anos facendo substitucións. ou aqueles que perderon a praza polos recortes que vimos sufrindo, poidan acceder a un posto de traballo digno.

Si ben é responsabilidade do Ministerio de Educación a elaboración dos títulos e currículos LOE, que logo as comunidades deben adaptar as súas características socio- produtivas, a implantación dos títulos xa publicados no BOE son competencia da Consellería de Educación.

En base o exposto, dende o STEG demandamos que a Consellería de Educación manteña os criterios en vigor ata o de agora e implante, para o vindeiro curso, todos aqueles títulos publicados no BOE antes do 31 de decembro de 2011.

 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal