Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Outras iniciativas/Campañas do STEG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  OUTRAS INICIATIVAS/CAMPAÑAS DO STEG   
SAÚDE LABORAL
A saúde non se vende, deféndese
O STEG ante o 28 de Abril , Día Internacional da Seguridade e Saúde Laboral

A SAÚDE NON SE VENDE, DEFÉNDESE
 
Neste ano no que en Galiza, e no resto do Estado, se produciron acontecementos legais e sociais que recortaron os nosos dereitos laborais dun xeito tan drástico (na famosa “Reforma Laboral”), que produce un retroceso nas nosas condicións que nos fai temer pola nosa dignidade como traballadoras e traballadores e que como di a O.I.T. fainos temer por “ter un lugar de traballo seguro”.

Que grupos son os máis agredidos dentro desta dinámica de non protexer ás empregadas e empregados en calquera traballo?

  • As mulleres, que ocupan un 45% do emprego na nosa Unión Europea e calcúlase que entre os 18-24 anos poden e teñen o risco ou probabilidade de sufrir lesións e enfermidades profesionais nun 50% máis que calquera outro colectivo.
  • As traballadoras e traballadores especialmente sensibles que sofren o ataque porque teñen enfermidades que para os demais son finximento ou gañas de non traballar e que lles deixan nun lugar de acoso e derribo. Un exemplo diso é o SQM (Síndrome Química Múltiple) onde a súa especial incidencia, segundo sexan axentes físicos, químicos ou biolóxicos, aféctalles ata facelos enfermar de forma crónica en moitos casos.
  • A xente nova que atopa empregos en condicións moi esixentes, moitas veces sen experiencia, sen formación, o que lles leva a sufrir accidentes de traballo frecuentes que se poderían evitar.
  • O colectivo inmigrante, que teñen os peores empregos, sen condicións hixiénicas e sanitarias, que deben aceptar calquera imposición do empregador ou empregadora porque non teñen papeis ou son doutro país, cando ata hai pouco España era un país de emigrantes.
  • Para rematar, imos citar ás traballadoras e traballadoes que pola súa idade, entre os 50-64 anos, que corresponden a un 30% dos homes e mulleres traballando neste país e que necesitan pola súa idade “axustes” urxentes no seu posto de traballo por problemas de saúde, basicamente de tipo mental afectando á súa saúde física, social e psicolóxica e tamén aos trastornos musculoesqueléticos. A maioría teñen problemas crónicos e necesitan en determinados sectores segundo á Axencia Internacional da Saúde dunha xubilación en torno aos 60 anos e non prolongala máis, porque se non, verémolos arrastrarse no seu traballo habitual sen dar o servizo de calidade e non tendo a dignidade de posuír saúde e autoestima social.
De aí as campañas que ten a O.I.T. para este sector de poboación de envellecemento activo, cando poden achegar cousas á súa profesión e á Sociedade e continuar con esas ou outras condicións para achegar a súa experiencia, e de que os que non o cumpran, deixen paso ás xeracións novas nesa solidariedade interxeneracional que agora se reformula con esa xubilación ata eses 68 anos ou máis.

Habería que dicir que preocupa moito como enfermidade do século XXI , a tensión, pero a tensión negativa ligada ao traballoestrés, que motiva causas múltiples que levan a destruír a saúde persoal das traballadoras e traballadores e tamén das súas familias, sendo aínda obxecto dunha incomprensión e insolidariedade por parte da nosa “mala prensa” e visión legal.

O noso “desiderátum” é, xa que logo, dignidade para os empregos, para as traballadoras e traballadores neste 2012 onde as multinacionais, os grupos de presión, os mercados dinerarios, e outros axentes apuntan a forzar un emprego inseguro, indigno e sen regulación legal, dicindo iso de que 1 euro investido en saúde laboral é vida repercutida con 5 euros de aforro en posteriores prestacións sociais, sanitarias, educativas.
PREVENCIÓN=SAÚDE
 
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal