Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  MESA SECTORIAL   
MESA SECTORIAL 2011/2012
R.D. Lei 14/2012 de medidas urxentes de racionalización do gasto público no ámbito educativo
A Consellaría remitiu hoxe a convocatoria de Mesa Sectorial para o xoves 26 de abril ás 18:00h, cun único punto sobre o Real Decreto de medidas "para recortar" en educación, sen adiantar ningún documento coa postura do goberno.


As organizacións sindicais do ensino público, reunidas martes 24 para valorar o Real Decreto-Lei 14/2012, adoptaron os seguintes acordos que serán trasladados á Mesa Sectorial.

- Denunciar publicamente que as medidas recollidas no RD Lei 14/2012 de 20 de abril de medidas urxentes de racionalización do gasto público no ámbito educativo supoñen unha grave invasión das competencias que lle corresponden á Consellaría de Educación. Por este motivo, acordamos esixir do Conselleiro de Educación que recorra ante os tribunais o RD Lei.

- Denunciar que o ensino público galego sufriu até o de agora reiterados recortes que se traduciron na perda de profesorado, empeoramento das condicións laborais e redución da dotación dos centros. Esiximos, por tanto, que a Consellaría de Educación non aplique en ningún caso, ningunha das medidas recollidas no RD Lei.

Para reclamar da Consellaría que recorra e non aplique o RD Lei, as organizacións sindicais asinantes acordamos realizar as seguintes mobilizacións:

Concentración das e dos delegados sindicais ante a Consellaría de Educación o día 2 de maio, ás 11:30 horas, en defensa do ensino público e contra os recortes en Educación.

Promover propostas de resolucións das Xuntas de Persoal e dos claustros de profesorado esixindo que a Consellaría de Educación non aplique estas medidas.

As organizacións sindicais do ensino anuncian que, de ser preciso, convocarán o profesorado ás mobilizacións necesarias en contra dos recortes e en defensa do ensino público.

CIG-ENSINO CCOO-ENSINO FETE-UGT ANPE STEG CSI-F

Santiago, 24 de abril de 2012
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal