Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2011-2012
Seguen cos recortes: ANPAS, un retroceso de 40 anos

Continuamos ante un claro ataque ao Ensino Público, que desde o curso pasado non para de recibir recortes, e que se materializa noutro máis: ANPAS, a parte da comunidade educativa que aínda non se recortara.

O Ministerio de Educación presenta nos Presupostos Xerais do Estado do 2012 unha redución do 90% na partida orzamentaria das axudas ás Confederacións de Nais e Pais; e nun 100% as transferencias ás Comunidades Autónomas para as Federacións Territoriais de ANPAS. Finalmente, acórdase no Congreso elevar esta partida orzamentaria ata os 254.090 euros, cantidade a todas luces insuficiente, que deixa a esta parte da comunidade educativa nunha situación moi comprometida para garantir a súa continuidade.

No STEG consideramos a Educación un traballo común que implica a toda a comunidade educativa, e no que a participación das familias é moi importante. NON é así para este goberno que ao aplicar este brutal recorte a considera totalmente PRESCINDIBLE.

A Lei de Asociacións de 1964, a Lei Xeral de Educación de 1970, e a Lei Orgánica do Dereito á Educación de 1985 sentaron as bases para a implicación e participación das familias nas escolas; parte da Comunidade Educativa que foi gañando representatividade institucional e actividade coa xestión de comedores e actividades extraescolares, e que a día de hoxe, desenvolve o seu traballo na escola de xeito moi variado: asesoramento, apoio e defensa dos dereitos das familias, representación nos centros escolares, nos consellos, nas mesas de negociación, participación en foros, normativas, organismos, formación e divulgación de interese educativo , escolas de nais e pais, xestión de comedores, actividades extraescolares,…

Este “recortazo” precariza o traballo das ANPAS, ameazando incluso a súa supervivencia; e supón un desprezo total  a unha actividade voluntaria, desinteresada e sen remuneración, de nais e pais na organización de actividades extraescolares, programas de empréstamos de libros, comedores escolares…que dan resposta a servizos que debería atender a propia administración.

Trátase dun ataque ao exercicio do dereito  das familias a defender os seus intereses nas decisións das admistracións educativas e outros sectores educativos. Porque a implicación das familias é imprescindible para o bo funcionamento da escola, e tamén para o éxito escolar do alumnado; e a formación é fundamental para educar mellor a fillas e fillos.

Desde o STEG confiamos en que este ataque sexa o camiño para unir forzas e esforzos de toda a comunidade educativa,  dunha vez por todas, por un Ensino Público Galego  de Calidade.

 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal