Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  MOBILIZACIÓNS    
RECORTES SERVIZOS PÚBLICOS
Milleiros de persoas percorren as rúas de Santiago en defensa da sanidade e a educación públicas

Milleiros de persoas participaron este domingo en Compostela na manifestación convocada por SOS Sanidade Pública e que contou co apoio de organizacións políticas, sindicais, profesionais, estudiantís, veciñais das asembleas do 15M e de numerosos colectivos entre os que destacou o da educación.

O voceiro da plataforma SOS Sanidade Pública, Manuel Martín, leu o manifesto co que rematou a manifestación no que se denuncia que as medidas de recorte tomadas polo Goberno Central, coa complicidade da Xunta de Galicia, introducen cambios fundamentais no sistema sanitario público que atentan contra a universalidade, a accesibilidade, a equidade e o carácter redistributivo da Sanidade Pública, e supoñen o inicio dunha contrarreforma sanitaria.

Na defensa so ensino público salientouse que “o ensino non é unha mercadoría, nunca pode ser medido con criterios de rendibilidade económica, a súa oferta e calidade debe estar garatida para todas e todos independentemente da procedencia socioeconómica ou xeográfica de cada quen”.

Desde o STEG agradecemos a todas as persoas asistentes o seu compromiso coa loita por defender o modelo social construido colectivamente con tanto esforzo ao longo das últimas décadas, e que nestes momentos periga non tanto pola crise, como nos queren facer crer, como pola contrarrevolución ideolóxica que estamos a padecer.

 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal