Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  MESA SECTORIAL   
MESA SECTORIAL 2011/2012
Demandas do STEG e modificacións aceptadas pola Consellaría
A Mesa Sectorial reuniuse o luns 11 de xuño, ás 12:30 na EGAP, coa seguinte orde do día:

1. Aprobación da acta da sesión anterior

2. Calendario escolar

3. Rogos e preguntas

Resumo das datas máis salientables recollidas no borrador da Orde do calendario escolar 12-13 e das modificacións introducidas:

Comezo de curso en Primaria: 12 de setembro
 
Comezo do curso en Secundaria: 17 de setembro en vez do 14 como recollía o borrador. A demanda realizada por numerosos equipos directivos de retrasar o comezo de curso foi asumida. As avaliacións de setembro, xunto coa organización dos grupos e horarios do novo curso facían moi dificil para os equipos docentes poder comezar o 14.
 
Remate do curso: 21 de xuño
 
Vacacións de Nadal: do 22 de decembro ao 7 de xaneiro, ambos os dous incluídos.
 
Vacacións de Entroido: 11, 12 e 13 de febreiro. Inclúese mércores de cinza como festivo.
 
Vacacións de Semana Santa: do 25 de marzo a 1 de abril, ambos os dous incluídos.
 
Día do Ensino, non lectivo fixado pola Consellaría: 2 de novembro


DEMANDAS DO STEG Á ORDE DE CALENDARIO:

- Xornada matinal en xuño e setembro en Primaria. NON ACEPTADA

- Retrasar o comezo e o remate do curso en Secundaria para permitir unha axeitada organización do curso en setembro. ACEPTADA

- Permitir que o periodo de adaptación en setembro se poida prolongar ata finais de mes se é preciso. NON ACEPTADA

- Manter o  mércores de cinza como festivo. ACEPTADA

- Adaptar o calendario escolar na FP aos requerimentos horarios de cada ciclo formativo. NON ACEPTADA

- Eliminar o artigo 10.2 para permitir que cada centro fixe o seu horario lectivo sen o condicionamento do transporte escolar. NON ACEPTADA

- Demandamos que se recollan como días de obrigada conmemoración nos centros o 25 de novembro, Día contra a violencia de xénero. ESTUDARASE
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal