Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2011-2012
Un rescate á conta de empobrecer á cidadanía

O rescate da banca española terá como efecto inmediato novos recortes e proxectos de axuste.Por iso, o STEG oponse a  esta medida  porque só pretenden continuar o espolio da clase traballadora e da cidadanía en xeral.

Nesta gran estafa chamada crise - composta pola oligarquía dos especuladores bolsistas, os financeiros sen escrúpulos e os políticos liberais que deixaron facer ao mercado e construíron un edificio europeo sen alicerces políticos - chegou o momento do Rescate...

Algúns xogan agora a xustificar que estamos ante un simple empréstito, non ante unha real intervención.Nesta partida de cinismo, lévase a palma o presidente do goberno do Estado, para quen o que logramos é unha liña de crédito en condicións idóneas grazas ás súas políticas de recortes.

Sexa un rescate brando, un rescate financeiro, unha intervención parcial, ou como tecnicamente se denominou no Eurogrupo “apoio á re-capitalización do sistema financeiro”, o certo é que nos encontramos ante unha nova volta de porca na perda de soberanía dos pobos do estado español e un novo embate contra os intereses económicos e sociais das clases traballadoras e populares.

O presidente Rodríguez Zapatero, en maio de 2010, abriu a veda co seu duro programa de axustes sociais esixidos por Europa e os mercados.O baile continuou co acordo dos partidos maioritarios PP e PSOE para reformar a constitución, sen consulta popular, e priorizar o pagamento de intereses a acredores, deixando en papel mollado o articulado constitucional sobre dereitos e principios sociais.Rajoy seguiu saneando contas e equilibrando orzamentos polo procedemento de recortar en gastos sociais e servizos públicos.Todo sexa por que os mercados fagan negocio absorbendo capital e beneficio a través da débeda pública.

O rescate financeiro español vai supor 100.000 millóns de euros que van ser garantidos polo estado español, é dicir pola clase que traballa e produce, non pola minoría de grandes capitalistas nin polos políticos que renuncian á súa tarefa de facer política verdadeira.As condicións para o empréstito ao sistema bancario español, pagado públicamente pola cidadanía, consistirán en reformas estruturais financeiras e no cumprimento do déficit.Ditas reformas e o control do déficit serán supervisados pola Comisión Europea, o Banco Central Europeo, a Autoridade Bancaria Europea e o Fondo Monetario Internacional.

O sistema económico non ten as calidades naturais dunha treboada, unha seca ou un tsunami.A economía depende de decisións concretas sobre a produción, a distribución e o consumo de bens e servizos, adoptadas polos gobernos.Esas decisións responden a intereses de grupos e desde fai demasiado tempo, no estado español e na Unión Europea, as decisións políticas permitiron, en primeiro lugar, aos poderosos actuar sen control nin intervención estatal, e en segundo lugar sometéronse aos seus ditados.

Non obstante, nunca será tarde para esixir a transformación das cousas, non aceptamos fatalismo algún.O pobo traballador coas súas resistencias e as súas reivindicacións debe ser a punta de lanza da recuperación democrática do sistema económico e do sistema político.Por iso, coma sempre, o STEG anima á mobilización sostida e reivindicativa, polos intereses da clase traballadora e de toda a cidadanía.Así mesmo esiximos o punto final ás políticas de axustes atentatorias do estado do benestar, a implementación de políticas reais e directas de fomento do crecemento e do emprego, e a fin do intervencionismo interesado das instancias da Unión Europea.

 
Secretariado Nacional do STEG
11 de xuño de 2012
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal