Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2011-2012
Agrupamentos de 6 a 12 anos: outra cara máis dos recortes
A noticia de que a Consellaría prentende facer agrupamentos de alumnado na mesma aula desde os 6 anos ata os 12 evidencia o significado do que Jesús Vázquez chama “facer máis con menos”. Nunha volta de torca máis ao rural galego, precarizan ao máximo a situación das escolas pequenas, nas que se pretende eliminar con esta medida 67 aulas só na provincia de Ourense; unha reducción de máis de 80 docentes que, argumentarán cínicamente, non vai supor unha merma da calidade educativa.

Esta medida, que se realiza con criterios exclusivamente economicistas e como consecuencia da aplicación estrita da ratio de alumnas e alumnos, levará a que moitos docentes do rural teñan que traballar en solitario, coa ocasional visita do profesorado especialista, con alumnado con capacidades e contidos curriculares moi diferentes. Á dificultade para xestionar estas aulas desde o punto de vista didáctico, sen ningunha formación nin apoio, súmase a imposibilidade, traballando en solitario ou en centros con moi pouco profesorado, de atender ás continxencias que xurden a diario nun centro educativo sen desatender a atención ao alumnado.

O mesmo goberno que di facer unha aposta polo rural galego con campañas publicitarias sobre a promoción do turismo rural ou a gandería ecolóxica, cercena a posibilidade de asentamento da xente nova ao mermar cada vez máis, ata límites intolerables, a calidade de servizos básicos como a sanidade e a educación. Desde o STEG esiximos un tratamento para as escolas rurais galegas diferenciado respecto ao resto de centros educativos, que garanta a calidade dunha escola de proximidade no ámbito rural. A medida que estamos a denunciar agora é o mellor exemplo das consecuencias de deseños ríxidos e liñais acordados desde despachos onde o alumnado e o profesorado é tratado como meros datos globais que non reflicten as diferenzas entre ámbitos rurais e urbanos; é unha medida tamén do valor das declaracións do goberno galego sobre a súa aposta pola educación, así como de todo o que nos estamos a xogar nesta crise que golpea máis duramente aos sectores con menos recursos…

Permanente do Secretariado Nacional do STEG
xuño do 2012
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal