Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2011-2012
Pola integración das ensinanzas artísticas superiores no sistema universitario galego

A Plataforma Galega pola Integración das Ensinanzas Artísticas Superiores no Sistema Universitario Galego reclama das administracións educativas unha solución inmediata e razoable a un vello problema que afecta ao estatuto das ensinanzas e aos lexítimos dereitos de docentes, discentes e persoal de administracións e servizos dos centros que as imparten.

 

Consonte o carácter superior das ensinanzas e para garantir que esa dimensión superior sexa efectiva e real, reclamamos a nosa adscrición inmediata á universidade nun proceso pactado entre as partes que remate coa plena integración na mesma, garantindo os lexítimos dereitos do alumnado que desde setembro de 2010 se matriculou nunhas ensinanzas con condición de Grao e que agora se vai reconverter en Título Superior, o que supón un paso atrás no proceso de equivalencia de titulacións.

 

Por outra parte queremos expresar que este proceso de “degradación” das ensinanzas artísticas superiores pode afectar gravemente ao proceso de consolidación dunhas ensinanzas estratéxicas para o tecido creativo e produtivo deste país, e reclamamos igualmente das administracións públicas un plan de dignificación e financiamento das mesmas para que poidan cumprir con criterios de calidade e excelencia a súa función educativa e o seu rol no proceso de vertebración dunha economía sostible e vizosa, pois os creadores tamén facemos país.

 
 
 

Asemblea de alumnas e alumnos do CSM de A Coruña

Asemblea de alumnas e alumnos do ECRBC de Galicia

Asociación de alumnos e alumnas do CSM de Vigo

Asociación de alumnos e alumnas da ESAD de Galicia

CIG Ensino, Confederación Intersindical Galega

Comisións Obreiras. Federación do Ensino de Galicia

Conservatorio Superior de Música de Vigo

Conservatorio Superior de Música de A Coruña

Escola Superior de Arte Dramática de Galicia

Escola Superior de Conservación e Restauración de BBCC de Galicia

FETE-UGT Galicia.

STEG, Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galicia

 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal