Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2011-2012
Novos recortes ao profesorado máis precarizado

A Consellaría vén de comunicar o acordo adoptado no Consello da Xunta do dia 21 de suspender o apartado duodécimo da adenda "do persoal interino" no que se recolle o dereito a cobrar o mes de xullo e os días correspondentes do mes de agosto ao profesorado que traballase máis de 5 meses e medio durante o curso.

Unha vez máis, o argumento da crise económica e a necesidade de reducir o déficit público serve para recortar, tamén unha vez máis, pola parte máis feble do profesorado. Ás condicións xa precarias do profesorado interino e substituto, á incerteza de se traballarán algo, pouco o nada nos vindeiros cursos, ao tempo que manteñen a súa disponibilidade cara unha Administración que hoxe os quere nun sitio e un mes despois noutro extremo do país, súmase agora este drástico recorte salarial anunciado tres días antes de que comece o mes de xullo, impedindo mesmo que unha parte do profesorado poida solicitar a prestación por desemprego por teren pasado os 15 dias desde que foron cesados pola propia Administración que preparaba esta medida.

Esta Consellaría ten demostrado por activa e por pasiva a súa política de substituir a realidade por propaganda, pendente de minimizar o impacto mediático e o custo político das súas medidas en vez de minimizar o impacto da crise sobre persoas que nada tiveron que ver na súa orixe. Co curso rematado, buscando minimizar a capacidade de mobilización do profesorado, aplica un drástico recorte ao tempo que sigue fachendeando de ser a comunidade máis solvente grazas a súa excelente xestión… Este recorte, dos máis inxustos posibles, fainos albiscar  o que teñen en mente levar a cabo de continuar no goberno logo das vindeiras eleccións: importar as medidas máis regresivas que se están a aplicar noutras comunidades.

O STEG anima a todo o profesorado a se concentrar este venres 29 de xuño ás 11:30 diante da Consellaría para esixir a retirada desta medida.

Secretariado Nacional do STEG
DOG onde se anuncia a medida
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal