Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2011-2012
O STEG denuncia que o goberno pretende privatizalas ou pechalas
O Ministro Wert tramita sen previa negociación e en pleno xullo unha modificación legal que permite ás administracións educativas trasladar ao profesorado que imparte clases nas Escolas Oficiais de Idiomas (EOI) aos Institutos de Ed. Secundaria, o que fai que o STEG se pregunte e denuncie se isto é ou pode ser o primeiro paso para a privatización ou o peche das EOI.

O Ministerio de Educación remitiu ao Consello Escolar do Estado o Proxecto do Real Decreto polo que se modifica o RD 1834/2008, de 8 de novembro, polo que se definen as condicións de formación para o exercicio da docencia na educación secundaria obrigatoria, en bacharelato, a formación profesional e as ensinanzas de réxime especial e se establecen as especialidades dos corpos docentes de ensino secundario.

A modificación que se quere introducir é que se engade un novo apartado 4 ao artigo 8 do RD 1834/2008, de 8 de novembro, coa seguinte redacción: "4. Las autoridades educativas podrán incorporar a los funcionarios pertenecientes a los cuerpos de catedráticos de escuelas oficiales de idiomas y de profesores de escuelas oficiales de idiomas como profesores en educación secundaria obligatoria, en bachillerato y en formación profesional de las materias relacionadas con la enseñanza de lenguas extranjeras, atendendo a las necesidades de programación de la enseñanza. Los requisitos de titulación y formación serán los establecidos en los artículos 94 y 95 de la ley 2/2006, de 3 de mayo, de Educación, para el profesorado de educación secundaria obligatoria, de bachillerato y de formación profesional".

O STEG considera que presentar este cambio directamente ao Consello Escolar do Estado e sen pasar pola Mesa Sectorial de Educación, que é onde se negocian as condicións de traballo do profesorado, non procede e é ilegal, pois este cambio supón unha modificación nas condicións establecidas para o profesorado das EOIs, e nin se consultou aos representantes do profesorado nin o persoal afectado coñece os cambios que se queren impor, e non pode, xa que logo, opinar sobre os mesmos.

Pero o que para o STEG é moito máis grave é que o que parece que está preparando o Sr. Wert con esta medida é a privatización ou o peche das Escolas oficiais de Idiomas. Se as administracións resérvanse a facultade de “incorporar” ao profesorado das EOIs aos Institutos, e vendo a destrución que emprenderon do actual sistema educativo poderiamos pensar que este é o primeiro paso para pechar ou privatizar as Escolas Oficiais de Idiomas e facelo sen persoal funcionario ou/e dándolles a estes a posibilidade de traballar para unha entidade privada ou pasarse a un IES.

O STEG consideramos que este RD debe paralizarse e deixar que as Escolas Oficiais de Idiomas sigan formando a parte da poboación interesada en adquirir coñecementos e competencias noutros idiomas, condición necesaria para unha formación completa que facilita o acceso ao mundo do traballo. Se o RD apróbase sen máis trámite que o Consello Escolar do Estado, o STEG o recorrerá, pois é preceptiva a tramitación pola Mesa Sectorial de Educación, dado que afecta ás condicións de traballo do profesorado.

pdf co proxecto de RD que modifica o RD 1834/2008
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal