Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  MOBILIZACIÓNS    
RECORTES SERVIZOS PÚBLICOS
O Pobo sae ás rúas
 
   

Milleiros de persoas saíron, onte día 19 de xullo, ás rúas tomando parte das dez mobilizacións que houbo en Galiza.

Baixo o lema "Contra o saqueo do pobo. Hai que impedir que nos arruínen", as traballadoras e traballadores amosaron o seu rexeitamento ás políticas que se están a levar a cabo contra os nosos dereitos, adquiridos tras longos anos de loitas, e os recortes nos servizos públicos que non só van afectar á nosa, senón  tamén ás vindeiras xeracións.

Estas políticas pretenden que sexan os pobos os que paguen ás débedas producidas pola especulación financeira e a falta de regulación desde os poderes públicos. Temos que dicirlles alto e claro que estas políticas NON SON AS ÚNICAS POSÍBEIS e que se poden facer outras con maior sensibilidade social.

Unha soa manifestación pode que non varíe o curso destas políticas, pero pode ser o comezo dunha serie de mobilizacións e protestas que fagan que consigamos mudalas.

O STEG seguirá estando aí, como ferramenta da clase traballadora, para loitar contra este saqueo e evitar que arruínen á nosa sociedade.
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal