Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2012-2013
Marcha e manifestación pola defensa do ensino no rural
A PLATAFORMA POLA DEFENSA DA MONTAÑA E DO RURAL convoca, o día 12 de setembro, unha marcha e una manifestación en Santiago de Compostela baixo o lema:
"POR UN ENSINO DE CALIDADE NO RURAL. Non somos números somos nenas e nenos"

  • A Marcha sairá do Monte do Gozo e rematará na praza do Obradoiro. A hora de saída será ás 09:30 horas.
  • A Manifestación sairá do Obradoiro e ramatará en San Caetano. A hora de saída será ás 12:00 horas.

O STEG quere unir a súa protesta á protesta da Coordinadora Galega de ANPAS do Rural, as ANPAS dos centros educativos de Lousada, As Nogais, Baamonde, Friol , Samos, Cervantes, O Incio, Doiras, Portomarín, Sober, Navia de Suarna, Becerreá, As Nogais, Castrelo de Miño, Carballeda de Avia, Cortegada, Cenlle, Ribadavia, Rubiá, Vilamartín, Coles ……….,para manifestar a nosa oposición rotunda ao tratamento que dende a Consellería de Educación se lle está a dar aos colexios do rural.

Os recortes que a Consellería de Educación está levando a cabo, inciden directamente no deterioro da calidade da educación, afectando en maior medida aos centros educativos do rural.

A consellería de educación tomou a decisión de suprimir unidades e eliminar profesorado e especialistas atendendo ao número de alumnos e alumnas e non ás súas necesidades.

Estamos ante unha clara situación de discriminación onde non se está a garantir o dereito á igualdade de oportunidades para os nenos e nenas da montaña e do rural.

pdf co cartel do acto
Manifesto
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal