Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Máis Iniciativas/Campañas
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2012-2013
Reduccións salariais en caso de incapacidade temporal
O pasado día 9 de agosto o DOG pubicou a Lei 9/2012 onde se explicitan os recortes que imos sufrir desde o 1 de setembro as e os empregados públicos Galegos.

En primeiro lugar, diminúese o cobro cando o funcionariado, pertencente aos rexímenes especiais da Seguridade Social do mutualismo administrativo (MUFACE...), se atope en situación de incapacidade transitoria (ver documento) argüindo que se fai “co obxecto da súa equiparación co persoal que se atopa no réxime xeral, para que non exista un tratamento desigual das empregadas e empregados públicos”. Ou sexa, rebaixamos os dereitos dunha parte dun colectivo (empregados públicos) coa lei 1/2012 de medidas do emprego público e, para que non haxa discriminacións, rebaixamos os dereitos da outra parte do colectivo (empregados públicos de MUFACE...). Que maneira de entender a igualdade!!!!

En segundo lugar, redúcese a paga extraordinaria do mes de decembro e a paga adicional de complemento específico ou pagas adicionais equivalentes do dito mes. Dise tamén que esta paga será obxecto de recuperación en exercicios futuros, pero sinala unha serie de cortapisas que, entendemos, van ser irrealizables en moitos anos.
Recortes e máis recortes (eles os chaman “axustes”), que xa duran catro anos e o único que conseguimos é estar cada vez peor.

O problema é que aínda non rematan os recortes...xa se está a falar da diminución dos dereitos sociais (axuda para vivenda, próteses, dependencia,...) ao colectivo que conformamos MUFACE.

Pode parecer que no serve de moito saír ás rúas para exteriorizar as nosas protestas ante o expolio que estamos a sufrir, pero si que serve; axuda aos colectivos sociais a sentir que son respaldados pola cidadanía e que esta se está a dar conta do roubo ao que nos están sometendo, que outras políticas son posíbles para saír da crise, sen tanto sufrimento e sen tanta perda de dereitos, que xa eran nosos pero que se nos están escapando das mans. Tamén serve o feito de non dar máis oportunidades de decidir o noso futuro a estes gobernos que están facendo retroceder os nosos dereitos ao século XIX.
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal