Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2012-2013
Para ensinar un idioma, xa non é preciso coñecelo
Para ensinar un idioma, xa non é preciso coñecelo

A noticia de que a Consellaría está a colocar a profesorado de Lingua Galega e Lengua Española a impartir docencia da materia de Francés, independentemente de se poden acreditar unha formación mínima neste idioma ou non, resume perfectamente as consecuencias da máxima da que máis se gaba este goberno: a de que é quen de facer máis con menos. E, ademais, defendendo que a calidade non se resinte! Semella que agora, para ensinar un idioma, non é preciso coñecelo...

A doutrina que veñen empregando desde hai anos desde a Consellaría para adxudicar indiscriminadamente materias “afíns” ao profesorado -Debuxo e Bioloxía, Música e Latín, Galego e Filosofía-, segundo a cal, preparando as clases na casa, practicamente todo docente pode dar clases de calquera materia, está a estenderse a un ritmo alarmante como un cancro que deteriora a calidade educativa de xeito silencioso. É unha das consecuencias máis visibles dos recortes educativos, e dos que menos alarma social suscita: privar ao alumnado de profesorado cualificado naquelo que está a ensinar é unha auténtica estafa social que moitas veces as familias descoñecen ou non son quen de valorar a súa gravidade.

O curso pasado o STEG xa denunciou a inmoralidade que supuña enviar aos centros a profesorado sen cualificar para impartir Pedagoxía Terapéutica ou Audición e Linguaxe a alumnado moi necesitado de verdadeira axuda especializada. Non nos sorprende, xa que logo, que este ano sigan nesta dirección e que lle chegue agora o momento aos idiomas. O esperpento é maior se cabe, cando ao tempo que adxudican vacantes de Francés ao profesorado doutra especialidade, colocan a profesorado de Francés a facer “substitucións de zona”. Dependemos, polo que se ve, dunha Consellaría que non só non ten criterios de calidade educativa, senon que tamén falla na máis elemental organización dos medios cos que conta....

Pero, como para predicar non é preciso dar pan, preparémonos para escoitar, de aquí ao 21 de outubro, o moito que ten feito este goberno pola aprendizaxe de idiomas... A fin de contas, pode gabarse de ter conseguido que o profesorado sexa “plurilingüe” por decreto...

Permanente do Secretariado Nacional do STEG
Setembro do 2012

 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal