Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  DESTINOS PROVISIONAIS   
DESTINOS PROVISIONAIS 2012-2013
Cómo acollerse a unha ou varias provincias e zonas educativas
O profesorado interino e substituto que non obteña praza nesta adxudicación poderá acollerse a prestar servizos como interino ou substituto nunha ou varias provincias, a través da aplicación informática que xestiona a cobertura de substitucións durante todo o mes de setembro. O que non efectúe petición enténdese que opta por prestar servizos en todas as provincias da comunidade autónoma.
(Páxina 12 cadp Primaria; Páxina 21 cadp Secundaria)

Infórmase que dende o día de hoxe, 13 de setembro está aberto o prazo para que o persoal docente interino e substituto dos corpos de PES, PT, EOI, EAA e OA e CMUS faga a solicitude de provincia ou provincias nas que desexe traballar no presente curso académico 2012-2013 (sempre e cando posúan conta de correo de edu.xunta.es).

Poderá solicitar zona o persoal que se atope nalgunha das seguintes situacións (sempre e cando posúan conta de correo de edu.xunta.es):

Para atender o coidado dun fillo menor de seis anos, tanto cando o sexa por natureza ou por adopción ou acollemento permanente ou preadoptivo, deberá presentar copia do libro de familia.

Para atender o coidado dun familiar que se teña ao seu cargo, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade que, por razóns de idade, accidente ou enfermidade, non poida valerse por si mesmo e non desempeñe actividade retribuída. Deberá presentar: informe médico, certificado de convivencia e xustificación da relación de parentesco.

Por enfermidade do docente. Deberá aportar informe médico.

Neste caso (solicitude de zona) deberá presentar a instancia e documentación xustificativa, orixinal ou copia compulsada, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, nos rexistros provinciais dos departamentos territoriais da Xunta de Galicia ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.


Para calquera dúbida pode poñerse en contacto:

- Profesorado do corpo de secundaria:
Teléfonos: 981545407 - 981545408
Enderezo electrónico: persoal.secundaria@edu.xunta.es

- Profesorado do corpo de mestres
Teléfonos: 981545440 - 981544488
Enderezo electrónico: persoal.primaria@edu.xunta.es
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal