Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Outras iniciativas/Campañas do STEG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Eleccións sindicais
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Educación Exterior
  Reseñas DOG
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2012-2013
Día Internacional contra a explotación sexual e o tráfico de mulleres, nenas e nenos

En 1999 a Conferencia Mundial da Coalición Contra o Tráfico de Persoas, en coordinación coa Conferencia de Mulleres que tivo lugar en Dhaka, Bangladesh, instauraron o 23 de setembro como O Día Internacional contra a Explotación Sexual e o Tráfico de Mulleres, Nenas e Nenos. Pese ás directrices europeas e aos intentos, máis ou menos tímidos, dos países por implementar medidas que corten de raíz a terrible violación dos dereitos humanos que supón trasfegar e lucrarse a conta da explotación sexual das persoas, hoxe, temos que seguir denunciando que, lonxe de se extinguir, a trata segue sendo un problema de primeira orde,a pesares de que a escasa visibilización social implica que a sociedade o percibe como algo afastado e puntual. Porén, en todos os países do mundo teñen lugar operacións de redes mafiosas que moven grandes fortunas procedentes da trata ou dos internacionais mercados do sexo.

Segundo datos de Nacións Unidas, preto de 70.000 mulleres ao ano son vítimas da trata con fins de explotación sexual, sendo o estado español un dos pque figuran entre os primeiros postos de tránsito e destino das redes de trata.

A trata é o medio a través do cal se provee de mulleres e nenas ao mercado do sexo e da prostitución; case o 90% dos casos de vítimas de trata teñen por fin a explotación sexual feminina. Segundo a definición do Protocolo de Palermo a trata de persoas é: "a captación, o transporte, o traslado, a acollida ou a recepción de persoas, recorrendo á ameaza ou ao uso da forza ou outras formas de coacción, ao rapto, ao fraude, ao engano, ao abuso de poder ou dunha situación de vulnerabilidade ou á concesión ou recepción de pagamentos ou beneficios para obter o consentimento dunha persoa que teña autoridade sobre outra, con fins de explotación. A explotación inclúe como mínimo, a derivada da prostitución e doutras formas de explotación sexual, traballos ou servizos forzados, escravitude ou prácticas similares, servidume e extracción de órganos".

O Día Internacional contra a explotación sexual e o tráfico de mulleres, nenos e nenas, ten como obxectivo contribuír á toma de conciencia por parte dos gobernos e da sociedade civil sobre as causas e consecuencias da trata, co fin de pór todos os medios necesarios para a súa detección e erradicación.

Se os avances na loita contra a trata e na protección ás súas vítimas consideráronse sempre como avances moi lentos e insuficientes, é posíbel que agora, ante as políticas que está a aplicar o goberno español e a maior parte dos gobernos europeos, cuxo obxectivo é reducir o déficit por encima de todo e compracer aos mercados, esta loita quede relegada do mesmo xeito que están a quedar relegados e reducidos  dereitos universais como a educación,a sanidade,  dereitos laborais e sociais...

A Asemblea de Mulleres do STEG, no Día Internacional contra a Explotación Sexual e o Tráfico de Mulleres, Nenos e Nenas, esixe ao Goberno do Estado español que cumpra co seu compromiso de loita contra a trata, que non adíe as súas obrigas, derivadas do dereito internacional, rexional e estatal. Que non antepoña as políticas de axustes e recortes orzamentarios á defensa dos dereitos humanos e á salvagarda da integridade física das vítimas de trata, cuxas condicións de vida son degradantes e supoñen unha forma moderna de escravitude.

Esiximos vontade política para acabar con este delito.


Asemblea de Mulleres do STEG

 
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal