Concurso de Traslados
  Mesa Sectorial
  Xuntas de Persoal
  Profesorado Interino
  Oposicións
  Destinos Provisionais
  STEG Opina
  Lingua galega
  Escola laica
  FP
  Universidade
  Recursos/Publicacións
  Convocatorias anuais
  Reseñas DOG
  Retribucións
  Xubilacións
  Formación STEG
  Permutas
  Bolsas de Traballo
  Educación Exterior
  Avisos
  Informes educativos/webs
  Educación no Rural
  Eleccións sindicais
 Lexislación
Publicacións
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
Colaboracións STEG
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
  STEG OPINA   
CURSO 2012-2013
O goberno do PP incrementa o ataque contra os salarios e as condicións laborais do profesorado
O STEG REXEITA O ANTEPROXECTO DE ORZAMENTOS XERAIS DO ESTADO PARA 2013:

O goberno do PP incrementa o ataque contra os salarios e as condicións laborais do profesorado

O Goberno de Mariano Rajoy, coa aprobación do anteproxecto de Orzamentos Xerais do Estado para 2013, volve cargar contra os soldos e as condicións laborais do profesorado e do conxunto de empregadas e empregados públicos, ao conxelar os salarios por terceiro ano consecutivo.

Iso significa unha perda acumulada de poder adquisitivo entre o 25% e o 30 %, nos últimos dez anos, nun momento especialmente duro polo incremento do custo da vida que antes de que finalice o ano xa se sitúa nun 3,5 % pola subida do IVE, ao que hai que engadir a perda da próxima paga extraordinaria de Nadal. A inclusión das dúas pagas extraordinarias para o próximo ano nos PGE carecen, xa que logo, de toda fiabilidade, dado que en calquera momento, como ocorreu neste ano, calquera disposición normativa de urxencia, como o RDL 20/2012, pode eliminar a contía orzamentada respecto diso.

Este novo castigo circunscríbese nunha serie de ataques á educación pública, como o incremento das ratios e a consecuente redución do persoal docente e aumento das horas lectivas, ou a redución de unidades na escola rural, todo en detrimento da calidade educativa, ou tamén en graves recortes aos dereitos laborais, tal como o endurecemento nas condicións de incapacidade laboral que se aplica a partir do 1 de outubro.

Outra falacia a constitúe o límite de ata o 10 % na reposición de efectivos, límite que na práctica supuxo a nulidade de oferta de emprego público no sector na maioría das comunidades autónomas. Ademais, á finalización da xubilación anticipada LOE engádese agora o anuncio da desaparición de calquera tipo de xubilación anticipada ou parcial.

O STEG rexeita de plano este anteproxecto de PGE, que segue castigando inxustamente ao profesorado e ao conxunto de traballadoras e traballadores públicos por unha crise que non creamos, denuncia a reiterada ausencia de negociación coas organizacións sindicais de todo aquilo que afecta ás condicións laborais dos colectivos e advirte que estas agresións aumentan aínda máis a tensión existente, lévannos a unha maior confrontación e ao endurecemento das mobilizacións en marcha.

Permanente do Secretariado Nacional do STEG
Outubro do 2012
 

prodesin.com E-mail de Contacto | Aviso Legal